- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 23 Marzo 2010 23 Marzo 2010
Nin o mal tempo puido co Mercado Solidario

Os empresarios participantes no Mercado Solidario posan orgullosos e satisfeitos da labor desenrolada
Agora que xa é pasado o tempo preciso podemos enxuizar o acontecido en Camariñas dende o 19 ata o 21 de marzo do 2010 ca perspectiva necesaria. Un afastamento que nos fala dun éxito de participación e ventas que nin siquera un clima atroz, especialmente o día da inauguración, puido empañar. E así quedarán para a historia unha serie de pequenos comerciantes que decidiron donar o 10% do recaudado para labores altruistas e desinteresadas, da cobertura do acto por unha unidade móbil da TVG e do enorme éxito de crítica e público dunha Bea Más que vendeu tódalas súas creacións pictóricas cáseque en minutos. Agora só queda entregar o recaudado ás asociacións beneficiarias, Abondou e as entidades integradas en COGAMI de A Coruña, acto que terá lugar na Casa de Pedra sábado 27 de marzo ás 12:00. Os participantes móstranse orgullosos e satisfeitos e falan xa de repetir evento. Esperemos nese caso que o clima se mostre máis benévolo e benigno e tamén colabore un pouquiño con este gran acto solidario.

Comentarios
FELICIDADES A TODOS.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.