
Foto de familia dos conferenciantes da presentación en sociedade do Mercado Solidario
Horas antes de que os coches de Camariñas se volvesen tolos e lles dese por embestir a todo o que encontraran por diante cas consecuencias vistas por todos, na tarde do sábado 13 de marzo de 2010 tivo na polifacética e multiutilitaria Casa de Pedra e ante unha ducia de asistentes a presentación oficial do Mercado Solidario de Camariñas, que terá lugar os días 19, 20 e 21 de marzo e onde as tendas da Vila das Palilleiras que se acollan a tan loable labor altruista donarán o 10% do que recauden ás diversas asociacións que colaboran na celebración da mesma. Alí puidemos ver entre outros ao alcalde Pichurri; a Olga Campos pola Asociación de Empresarios de Camariñas; a Ramón Sestayo, de COGAMI-Coruña e de Adisbismur; a Juan Gómez, da Asociación Antodroga Abondou; e finalmente ao presidente e secretaria de Íntegro, Adolfo López e Anabel Castiñeiras. Especialmente conmovedoras foron as palabras desta última que chegaron a emocionar aos asistentes ao evento. Camarinas.eu estivo presente no acto e captou unha impresionante galería fotográfica.
{multithumbs}









Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.