- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 05 Marzo 2010 05 Marzo 2010
Agora si damos por finalizado o Carnaval 2010

Si hai un lugar en este mundo onde se pasa pipa de verdade, ese é o Pub O Pincho da Ponte do Porto
Cumprindo a liña de rigor e seriedade característica de camarinas.eu hai xa dúas semanas que proclamábamos que se daba por finalizada a cobertura do Entroido 2010 ca publicación das fotos enviadas por Pión referentes ao multitudinario Carnaval de Cádiz, por eso agora procedemos a publicar as do Carnaval 2010 na Ponte do Porto, tanto na Festa da Comisión como no Pub Restaurante O Pincho. Ademáis, facemos chegar ao noso fiel electorado que este sábado 6 de marzo organizará o local porteño de moda un sustancioso caldo con cocido para todos os clientes que queiran asistir por un módico precio e que tamén estará instalado (siempre a la vanguardia) un impresionante karaoke (en detrimento da omnipresente Orquesta D´satellite que esta vez non acudirá ao Pincho lamentablemente). Así, os asistentes ao local da Ponte do Porto que percorre os 5 continentes poderán imitar a todos eses executivos xaponeses que coas corbatas desanudadas, con bágoas nos ollos, unha crecente cor carmesí ao longo do rostro e cas venas hinchadas ata os topes de delicioso e nutritivo alcohol dedícanse borrachos como témpanos a berrear as cancións de moda. Todo elo no Pincho, o local da inventiva inagotable.




















.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.