- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 27 Febreiro 2010 27 Febreiro 2010
CAVIDENT, a gran clínica dental da Costa da Morte

A saúde dental da Costa da Morte non pode estar en mellores mans que nas do persoal de Cavident
Esta vez a sección adicada aos grandes emprendedores do Concello de Camariñas non se detén nun negocio aberto en Coruña ou en calquera outra gran cidade. E sen embargo, por prestacións, por servizos, por dotacións non desbota a calqueira ubicado na mellor das capitais. Estamos a falar da Clínica dental CAVIDENT que o noso querido amigo Manuel Martín Castiñeira Vidal posúe dende o 1 de abril de 2007 na Rúa da Esquipa Nº 32 da Ponte do Porto. Unha clínica que ademáis de estar dotada dos aparatos e máquinas máis modernos é atendida por un equipo experto e profesional: o formado por Manuel, dous dentistas, un ciruxano, un anestesista e dúas enfermeiras: Cristina Rodríguez, auxiliar de enfermería, e por María José, esposa de Manuel e nai de Hugo, o filliño de ambos. Un Manuel, especialmente implicado co desenvolvemento e desenrolo do seu Concello xa que ademáis de ser concelleiro pola Ponte do Porto dentro do Partido Popular ou capitán do histórico e mítico Porteño, non dubidou en iniciar unha relación de sponsorización ca web que representa ao seu concello da alma, con camarinas.eu. En fin, queridos usuarios, vendo a impresionante clínica dental que está instalada na histórica Rúa da Esquipa e as sabias mans que a dirixen, xa non hai necesidade de desprazarse a lugares remotos nin a capitais lonxanas. O cuidado da nosa saúde dental: na Ponte do Porto.
Comentarios
saludos
Saludos
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.