- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 22 Febreiro 2010 22 Febreiro 2010
Cumpre 50 anos un dos nosos

Asistindo ás épocas máis gloriosas do club dos seus amores, Pedro cumpre 50 anos entre o cariño dos seus
Agora que as ligas de veteranos volveron a Camariñas entre o clamor das multitudes, vennos ao pelo esta noticia, a do 50 cumpreanos do que foi o mítico porteiro daquel equipo da Cafetería Oasis que nunha inolvidable e histórica final alá a mediados dos anos 80 proclamouse campeón do torneo ante un Café Bar El Pescador no que o noso querido compañeiro O Chileno oficiaba como bravo central pataqueiro. O caso é que este martes 23F fai 50 anos que na Calle San Jorge, xusto ao carón da Praza do Colón, na que leva sendo a casa da súa familia dende tempos inmemoriais, viña ao mundo un dos grandes compañeiros de chiquitos no Café Bar Arnela dos redactores que o presente subscriben. Precisamente para festexar o acontecemento, este sábado 20 de febreiro, Pedro foi agasallado pola súa familia cunha entrañable cena no Restaurante Puerto Arnela. Alí puidemos ver como Marisa, seu fillo Pedriño e Marta, a moza deste último, regalaban a este hincha emblemático do Barça un señor escudo do club dos seus amores esculpido en madeira por maestros artesáns de Borneiro. Ese é sen dúbidas o maior regalo que pode recibir Pedro: o do cariño e respeto da súa familia e dos seus amigos. Por elo ¡¡Pedro, FELIZ MEDIO SIGLO!!











Comentarios
QUE CUMPLAS MUITOS MÁIS E QUE SIJAS COMO ERES, UN AUTÉNTICO CRACK,
UN SALUDO
UN CUA CUA :
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.