- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 15 Febreiro 2010 15 Febreiro 2010
Esperaba ansiosa e esperanzada a afameada parroquia chiquitera do Café Bar Arnela a gran laconada anual que con motivo de carnavais celebra o seu irmán máis novo, o Hotel Rústico Puerto Arnela. Algo que comenzou como unha comida de compañeiros de chiquitos acabou convertíndose co pasar dos anos nunha cita obrigada do calendario gastronómico camariñán na que as damas lucen as súas mellores galas e na que os cabaleiros preséntanse con cinturóns cun par de furados de máis. A calidade culinaria dos productos e unha preparación dos mesmos sabia e cariñosa como suele acontecer co equipo cociñeirístico comandado por Carmencita fai que á Gran Laconada Anual se lle poda aplicar o calificativo máis superlativo existente nestes casos: o de parecer un cocido feito na casa, adobado ademáis cuns impresionantes postres propios da temporada e cun licor de toxo adquirido na Tenda do Gourmet de El Corte Inglés e que pasou o implacable exame dos paladares máis esixentes. O único defecto: semellante enchenta gastronómica require para ser convenientemente dixerida dun amplio cubateo en labouras dixestivas.
Así, este sábado 13 de febreiro de 2010, de carnaval e visperas de San Valentín, Día dos Enamorados, pola alfombra bermella do Hotel Rústico Puerto Arnela puidemos ver desfilar a colección outono-inverno do guardarroupa de tódalas grandes damas que honran ca súa presencia habitual o Café Bar Arnela: Maruja, Marisa, Jola, Barca, María Pilar, etc.. acompañada de cadanseu santo varón; leyendas vivas do camariñeo como Totis, ademáis de redactores de páxinas web e restante xente de mal vivir. A gran sorpresa que nos tiña deparada a noite estivo constituida por un repentino apagado de luces como introducción á unha impresionante tarta que homenaxeaba o día de cumpreanos de Marimonte e que en secreto foi preparada con esmero e cariño. En definitiva, querido accionariado, unha data para lembrar, auténtica homenaxe definitiva ao paladar gastronómico galego e que efectivamente requirío do seu correspondente afloxamiento de cinturóns.
Comentarios
¿Qué miran ná sobremesa?...
Miran as fuentes que sobran
e a caña que pousa ná mesa.
Nenuda enchenta!!!
Saludos
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.