3.65625 1 1 1 1 1 Rating 3.66 (64 Votes)

A botella xa está aquí

Beatriz Dios gañadora do concurso para elexir o motivo de encaixe que adornará as botellas de Cabreiroá
Beatriz Dios gañadora do concurso para elexir o motivo de encaixe que adornará as botellas de Cabreiroá

Cando vaiades á tenda do Rincón del Gourmet, primer baixoplanta de El Corte Inglés da Coruña, alí a poderedes atopar, entre botellas de whisky escocés de a 600,00 euros a peza e selectos vodkas de importación.  Cun luxoso envoltorio e reproducindo as filigranas do encaixe camariñán, 2.000 botellas desta especial edición limitada da empresa ourensana de augas Cabreiroá surtirán ás máis exclusivas tendas e establecementos. Por elo facíase necesario un acto oficial de presentación en sociedade da botella que levará o nome do Encaixe de Camariñas polo mundo adiante. Este acto tivo lugar este venres 5 de febreiro de 2010 na Casa de Pedra cun cheo ata a bandeira de público e nel estivo presente, ademáis do máis granado do mundillo político local, Beatriz Dios, encaixeira de Xaviña gañadora do concurso convocado ao efecto para elexir a imaxe de Camariñas que surcará o mundo a través dunha viaxe polas tendas máis selectas do orbe terráqueo. Camarinas.eu tamén estivo alí e dou boa conta do acto cunha amplia galería fotográfica. O pobo humilde dou boa conta tamén, pero dos pinchos.

Comentarios   

kecho
+8 # RE: Cabreiroa co Encaixe de Camariñaskecho 06/02/2010 15:07
pinchos pinchos pinchos!!!!!
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # RE: Cabreiroa co Encaixe de Camariñasrubiasexy 06/02/2010 23:01
fotos muy bonitas si señor fan majas siempre ahi festa viva camariñas sefa eos pedros
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.