- Escrito por diegoalfr diegoalfr
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 02 Febreiro 2010 02 Febreiro 2010
Por unha pronta recuperación

A Vila de Camariñas non pode prescindir dos sabios oficios do seu Cura Párroco Don Jesús
Pois empezaron a sonar as primeiras alarmas o xoves 29 de xaneiro de 2010, cando os asistentes ao enterro do veciño da Praza Maior de Camariñas durante tantos anos D. Ramón Ramos Ventoso puideron comprobar que o encargado de levar a cabo os sacros oficios era Don Mario, páter de Xaviña. Incluso falábase que o luns desa mesma semana un funeral contara ca súa ausencia. Ao igual que as correspondentes misas dominicais na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Todo elo debido a que supostamente Don Jesús, Cura-Párroco de Camariñas, sufriría unha caída baixando as escaleiras da Casa Rectoral que traería aparellada como resultado a rotura de dúas costelas. Dende camarinas.eu desexámoslle a máis pronta e completa recuperación a un páter querido e apreciado como poucos na Vila das Palilleiras, auténtico paradigma de home docto e formado en canto ás Sagradas Escrituras e de sensatez, afabilidade e cercanía en canto a labor pastoral. É por elo que esperamos velo axiña ao pe do cañón impartindo doctrina como só el sabe. ¡¡Recupérese Don Jesús!!
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.