- Escrito por diegoalfr diegoalfr
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 14 Xaneiro 2010 14 Xaneiro 2010
José Manuel "O Chivas", 40 anos

Jose Manuel O Chivas feliz coma un enano ca capa de espadachín medieval propia dos tunos
Vai de cumpreanos. Pero esta vez facemos unha excepción e procedemos a publicar un cumpreanos de toda unha persoaxe que aínda que non o vexamos conectado en camarinas.eu segue a diario ao líder intratable da Costa Atlántica e sobre todo porque foron os seus propios familiares residentes na Arxentina e en Salamanca os que pediron expresamente poder ver na nosa web os dous impresionantes vídeos que se reproducen no interior desta noticia. Trátase de José Manuel "O Chivas", veciño de Vilar de Cereixo e cuñado de Roque, o itinerante mercader ambulante que a través do camión de Frutas Balsas leva percorrendo toda a Costa da Morte dende épocas remotas. O caso é que José Manuel cumpría corenta tacos e sabedores da súa pasión irrefrenable pola tuna, os seus amigos e parentes decidiron agasallalo nun coñecido ristorante de Vimianzo cunha espectacular actuación dos tunos máis dicharacheros. Trátase doutra mostra da grandeza de camarinas.eu, aquela web que leva aos seus seres queridos ata fogares a miles de kilómetros da nosa terra.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.