- Escrito por diegoalfr2 diegoalfr2
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 12 Xaneiro 2010 12 Xaneiro 2010
Bautizo de Saray, filla dunha estirpe de percebeiros
Pastora, a madriña de Saray, sostén a preciosa criatura no día do seu bautizo flanqueada pola súa nai
Este frío e xélido sábado 9 de xaneiro de 2010 era bautizada a pequena Saray Tedín Bouzas na igrexa de San Bartolo de Arou. Esta preciosa neniña, filla dos nosos queridos amigos Daniel Tedín e Marisol Bouzas, ven a aumentar unha familia provinte dunha das estirpes percebeiras máis antigas da Costa da Morte. Daniel e o seu fillo maior embárcanse día a día na súa lancha para arriesgar a vida e recolectar o preciado marisco que dará de comer a toda a familia mentras Marisol, agora xa retirada dos percebes, agarda no fogar coidando a súa preciosa filliña Saray. En camarinas.eu estamos encantados de poder dar este tipo de noticias. Noticias que son ao mesmo tempo esperanzadoras para a familia de Saray como para o conxunto dun concello en continuo retroceso demográfico. Pulsa na imaxe principal para poder ver unha galería fotográfica do acontecido este sábado pasado na Igrexa de San Bartolo de Arou. ¡Felicidades Saray!











Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.