- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 31 Decembro 2009 31 Decembro 2009
Un ano sen Juan do Nacho

O último día do ano sempre estará tinguido para a familia de Juan do Nacho cun luto e pesar inconsolable
De forma lamentable e tráxica, estes últimos anos o Concello de Camariñas está a ver como se tinguen co luto e ca dor polos que se van as entrañables datas do Nadal, agravando o pesar inconsolable polo falecemento dos seres queridos co feito de que a súa partida para o Máis Alá ten lugar nuns días de emocionado encontro familiar. Eran as primeiras horas da mañá do último e festivo día do ano do Noso Señor de 2008 cando de forma inconexa e fragmentaria comenzaban a chegar no medio do estupor máis absoluto rumores acerca do posible falecemento no Muelle de Oza, en Coruña, aos 41 anos, dunha persoa querida e apreciada en Camariñas: Juan Carril Ramos. Hoxe, cando se cumpre o primer aniversario de tan tráxico acontecemento, a súa familiar organizou na Igrexa Parroquial de San Xurxo unha misa funeral que dara o seu solemne comenzo ás 16:00 horas e na que o Coro Parroquial entonará unha impresionante e emocionada Salve Marinera en honor do que xa non está. En honor de Juan Carril Ramos. Descanse en Paz, Juan do Nacho.






Comentarios
Moitas grazas Camariñas....se mpre nos nosos corazóns
No te conocí pero, casi, da igual;
tiempo tendremos en la eternidad
de brindar…
…no por un año, que siempre se va
dejando vacía de felicidad
la copa amarga que la vida da.
Tan sólo algún día podremos cantar,
con las campanadas de la eternidad,
y con doce uvas que no acabarán
podremos brindar…
en tu compañía ,mi amigo Juan.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.