- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 24 Decembro 2009 24 Decembro 2009
Un cartel "made in Camariñas"

O escenario da artesanía popular mundial asiste atónito e admirado á presentación do Cartel da Mostra
Neste vindeiro ano do Noso Señor de 2010 que está a piques de facer a súa inquedante entrada nos oscuros designios da historia universal, a Mostra do Encaixe cumpre os seus vinte anos. Faino en medio de ambiciosas alianzas xeoestratéxicas internacionais (Offida, Ingenio, etc) e mediante a confección por vez primeira na súa existencia dun cartel enteiramente camariñán, elaborado por personal do propio concello. Os motivos elexidos para ilustrar un cartel que deixará sentir a súa presencia nos circuitos da artesanía popular son o omnipresente Faro Vilán e a Catedral de Santiago de Compostela, sen dúbidas co propósito de atraer cara á Vila dos Encaixes aos peregrinos e público en xeral que con motivo do Ano Xacobeo visitarán un dos maiores centros de peregrinación cristiana do mundo. Pois aquí está, esperemos que ca maior das sortes, o primer cartel da Mostra enteiramente camariñán.

A Catedral de Santiago e o Faro Vilán unidos por un camiño de encaixe
Comentarios
Noraboa
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.