- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 21 Novembro 2009 21 Novembro 2009
Camarinas.eu volveu esta semana a Camelle nun deses crudos días invernais que tanto caracterizan a esta franxa atlántica chamada Costa da Morte. Entre grandes rachas de vendaval e algún chiquito que outro fixamos a nosa atención na alumeada Casa da Cultura na que se estaba a celebrar unha das habituais palilladas voluntarias ás que acuden algunhas das moitas boas palilleiras que residen nesta coñecida vila de artistas. O caso é que estas mulleres camellanas fai tempo que veñen xuntándose para palillar como se facía antigamente ca diferencia de que agora non están a luz dun candil de carburo senón que se reúnen nun dos locais máis innovadores e modernos (e caros tamén...) do Concello de Camariñas.
Entre os sonidos dos palillos e os murmullos das palilleiras poidemos percibir un sonoro acento bonaerense que tamén nos sorprendeu. Tratábase dunha veciña de Arou chamada Genara que reside habitualmente en Buenos Aires e que chegou hai uns días á súa terra galega. Genara quedou gratamente sorprendida ao saber con quen estaba a falar e comentounos emocionada que a maioría dos emigrantes camariñáns na gran Capital Federal fanse eco das novas da súa terra por medio de camarinas.eu cousa que nos agradou profundamente. Pois para que o vexan alá no Gran Buenos Aires, con todos vostedes: "As Modernas Palilladas de Camelle".
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.