As últimas sardiñas da temporada xa están listas para ser devoradas este sábado no Pub O Pincho
Agora que estamos a sentir os primeiros zarpazos do duro outono-inverno que se aveciña, os nosos amigos de O Pincho decidiron despedirse como se debe dun verán que finalmente resultou mellor do esperado cun agosto e unha primeira quincena de setembro espléndidas celebrando unha gran sardiñada este sábado 19 a partires das 19:30 horas, á que estarán invitados todos os clientes habituales deste local emblemático da Ponte do Porto. Alí seguro que a cámara fotográfica dos nosos patrocinadores desta vez estará perfectamente a punto para enfocar e plasmar para a posteridade unhas estupendas fotos que serán publicadas na web máis vista da historia da Comarca de Bergantiños.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.