- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 23 Agosto 2009 23 Agosto 2009
O CNC homenaxea a Juan Carlos Trillo

Alberto de Artaza fai entrega de un presente a Juan Carlos Trillo no curso da comida homenaxe
A punto de concluir o verán máis prolífico que se recorda no Club Náutico de Camariñas houbo tempo para organizar este sábado 22 de agosto unha comida homenaxe ao maxistrado da Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Supremo Juan Carlos Trillo, socio do CNC e fillo do Presidente de Honor José Trillo Abelenda. A este ágape ao que acudiron en torno a unhas 75 persoas ademáis de coñecidas caras do mundillo empresarial e político do Concello de Camariñas acudío nin máis nin menos que o noso admirado Alejandro Rodríguez, auténtico Zar político desta Costa da Morte dos nosos pecados e Alcalde de Vimianzo. O acto contou cos discursos do Presidente e Secretario do CNC, do avogado muxián Manuel Martín, de Xosé Luis Blanco Campaña e do propio homenaxeado. Polo demáis, lamentando sinceramente que entre os discursos non se fixera un hueco para o verbo florido e virtuoso do alcalde vimiancés, recordamos que este luns 24 de agosto é a data tope para apuntarse para a Cena do Socio do día 29. Pulsa na imaxe para ver as fotos que a redacción náutica de camarinas.eu captou este sábado 22 de agosto.

Comentarios
Antonio Puertas
un saúdo e ide pola sombra
chauuuuuu
Langran, homenaxease a xente que e sosia, xente que traballou muito para que o club nautico de Camariñas funsionara e sija funsionando,non fai falta ser fillo de, porque hay cantidad de sosios que son labregos e mariñeiros e supoño que tamen se lle fara os seu homenajes, ademas que no club nautico podese apuntar quen queira, como en calquera asosiasion que haxa no pueblo.
Con todo esto volvo a desir e a felisitar a juan por chejar a donde chejou.
Xa sei que hai de todo nas asociacións, pero non é lóxico nin sensato que só o que pague poda disfrutar dos mellores terreos marítimos que debían ser de todos . Dígase San Vicente do Mar, Sanxenxo(a ver cantos de alí son socios do #~€@|~ naútico), Aguete, Combarro .. ai! e Cangas .. aínda que todo o pobo estea en contra tamén o facerán,senón ao tempo .
Sobre a homenaxe se cadra o home mereceo, pero tamén outros(digo eu!) sen tanto JLAMOUR , ou se cadra o señor é un home que tuvo a suerte de poder estudiar asta os 32 ou 33 anos sen necesidade de traballar e claro!así calquera fai carreiras .. e seguro que é iso a esencia que buscades homenaxear deste pobo e desta asociación privada .
un saudiño
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.