- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 19 Setembro 2007 19 Setembro 2007
Buscando ao camariñán máis vello, atopamos ao máis novo: Martín Ageitos Alonso, "Camariñán de Pura Cepa".
Martín coa súa bisavóaPermitídeme que vos presente ao Camariñán máis xoven do noso Concello. Chámase Martín e é meu sobriño. Naceu hoxe no hospital de Cee e xa está listo para dar moita guerra.

Martín coa súa bisavóa
A familia Alonso Freire conta desde esta tarde con un novo membro. Un neno do cal nos sentimos moi orgullosos. Desde fai uns días estabamos tratando de atopar ao camariñán máis vello e, cousas da vida, fumos a encontrar ao máis xoven. Martín é fillo de Mayte Alonso Freire, neto de Mª Carmen da Cotarra (miña Nai), e o que máis me sorprendeu, o bisneto número 10 de Maruja da Cotarra. Camariñana de 85 anos, emigrante durante 40 e pico anos por Inglaterra adiante e muller do finado Pepe de Cariño: grande e respetado home que traballou nas Jabarras de Cerdeiras como "Mestre" ou como se di agora, de patrón. Desde esta redacción e moi especialmente da miña parte damos a benvida a este novo Camariñán. ¿¿Quen sabe se collerá as rendas de camarinas.eu cando nos esteamos para o arrastre??Martín xa recibío a visita de gran parte da súa familia: Avóas, tí@s, prim@s, bisaboas, amig@s, etc.. esperamos que pronto chegue ao noso pobo tan bonito e tan saudable como o está agora.
Benvido Martín!! Se teus bisavós Pepe de Cariño e Manolo do Churrero estiveran entre nos sentiríanse moi orgullosos de ti. Sorte na vida Martín.

As mans da experiencia da súa Bisavóa terman del coma ninguén

Comentarios
felicidadeeeees! ^^
P.D.:Diego,¿non buscabas un novo redactor xefe de deportes?Pois ahí o tes, aínda que non teña siquera nin 20 horas neste mundo, peor que o anterior non vai ser(e bastante máis serio)
Noraboa os pais e a ese tío que mostra tan orgulloso o seu sobriño!
Suerte na tua vida...
FELICIDADES.
A pena e verda que moitos estarian moi satisfeitos dos bisnetos pero a vida sigue, uns nacen e outros morren pero ali donde esten estaran orgullosos de nos.
bicos e sorte de parte dos teus primos de espasante
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.