3.952380952381 1 1 1 1 1 Rating 3.95 (42 Votes)

Unha marea de voluntarios inunda Camelle

camarinas.eu comenzou xa alá por outubro de 2007 a dura loita pola conservación do legado de Man
camarinas.eu comenzou xa alá por outubro de 2007 a dura loita pola conservación do legado de Man

Contaba este duro fin de semana playero baixo uns abrasadores rayos solares un vello coñecido desta redacción sobre unha visita recente a Camelle: cando acompañando a un amigo foráneo, neófito por estes lares, decidío enseñarlle in situ o legado de Manfred Gnadinger mediante unha exploración aventurera polos restos do que un día foi unha fortaleza da arte máis incomprendida, uns berros atronadores desgarraron o aire e fixeron que foran literalmente corridos a gorrazos. Pois ben, agora xa sabemos quenes foron os responsables: parte da marea humana que voluntariamente se ofrecío a guiar aos turistas que visitan Camelle e tratar de conservar o legado do eremita alemán. Pulsa na imaxe que simboliza o que foi o inicio dunha dura loita pola conservación da obra do artista máis iconoclasta para ler a nota de prensa enviada dende a Fundación Man.

Nota de prensa da Fundación Man

Bos días, son Sabela Mariñas, a directora da Fundación Man. En primeiro lugar quero agradecer a vosa colaboración para solicitar voluntari@s para poder protexer o legado de Man.
Este correo é para comunicarvos que a día de hoxe somos 29 voluntari@s de entre 14 e 70 anos que nos adicamos a informar aos visitantes de quén era Man, o estado dos permisos para poder recuperar o museo de Manfred Gnädinger, impedir o acceso incontrolado de curiosos/as có fin de evitar un maior deterioro do museo mentres non se teñan todos os permisos para realizar un correcto asentamento da obra...
Participan con este movemento muebles sambade, que aporta as vestimentas distintivas e begano que aporta a bebida para refrescarse nos días de calor. traballamos todos os días de 11 a 21 horas  distribuidos entre o propio museo e a Casa do Alemán.
É importante para nós que estes voluntari@s escoiten o enorme gracias de parte do padroado da Fundación, e personalmente que estou moi orgullosa de contar con 29 novos folgos para facer que o Museo do Alemán de Camelle volte de novo a brillar como o facía antes, e que agora teño máis claro que nunca porqué Man viviu e vivirá sempre en Camelle.
Un saúdo, e xa sabedes que se queredes calquer información podedes contartar conmigo no 981710224 ou no 625974014.
 

Comentarios   

toxo
0 # toxo 20/08/2009 22:11
MUY BIEN POR MI TIA ANGELICA Y POR GELINA!!!!!
ASI ME GUSTA QUE COLABOREN CON ESTA OBRA!!!!!

UN BESO MUY GRANDE A LAS DOS............ ..
Denunciar ante o administrador
adry
0 # RE: Os Voluntarios da Fundacion Manadry 21/08/2009 11:44
Eu uniame, pero estando en Coruña, pouco podo facer, o domingo estuven en Camelle co mozo para enseñarlle todo que él nunca viñera por Camelle, ti mira que si non era reconocido Man,que no País Vasco donde él ejercía de militar, sabían a historia, motivos suficientes? pos non o sei,pero xente de Cataluña, de Palencia,Sevill a non lles sonaba a chino, si non todo o contrario sabían a historia.

O señor do bastón, fui moi amable con nolos dous, contounos historias e así a moita xente que alí estaba, pero mentras él contaba a historia eu recordaba cando ía a música de pequena que siempe ía a xunta él para que lle plasmase un dibuxo e sempre lle deixaba algunha moneda.
Nos colaboramos comprando un CD, que ben bonito está o que pasa que dura pouco. Tanto o CD como o folleto da información xa llo mandei os meus sogros que fai moitísimo tempo estuveran en Camelle e gustáralles moito.
Non pode quedar no olvido, e hai que facer algo para que se recoñeza como se ten que recoñecer!! saludos!
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.