- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 19 Agosto 2009 19 Agosto 2009
camarinas.eu sigue ca cobertura da viaxe que tras o concerto do venres 14 nas Festas da Xunqueira de Cee levou a recalar en Xaviña durante uns días a Carlos Prieto "Mohammed" e Fernando Ponce de León, membros de Mägo de Oz, o multitudinario grupo de rock duro con influencias celtas orixinario do barrio de Vallecas (Madrid). Nesta ocasión, acompañados dun dos mellores gaiteiros do noso concello, David de Xaviña, non quixeron perderse a espectacular festa que tiña lugar o sábado 15 no Café Bar Arnela para celebrar o 17º cumpreanos de Francisco Barcia Trashorras, outro músico virtuoso se ben do acordeón, e na que coincidiron cas potentes e aterciopeladas voces dunha Coral de Camariñas que se quixo sumar á celebración, montándose un impresionante espectáculo musical no que tamén tomaron parte activamente estes dous músicos profesionais, integrantes dunha das bandas rockeiras máis famosas de España. En fin, o que non pase no Arnela...
Noticias relacionadas




































Comentarios
Mamá que tanto traballas!! Menos mal que siempre está súper Marisa para metervos unha man a ti e a papá.
Saludos desde Barcelona
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.