- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 10 Agosto 2009 10 Agosto 2009

¡¡Cumpreanos Feliz...!!
Trátase dunha sinxela copa, de plástico, barata, das que se fabrican en serie por miles. Foi entregada nun acto certamente desanxelado, en Corcubión, únicamente animado pola esperanza dos pinchos municipais finais. Pero sin embargo constituío o emblema que presidío este domingo 9 de agosto de 2009 o acto da maioría de edade do que nas súas épocas foi o primeiro Club Náutico da Costa da Morte: o signo dos novos tempos que están por vir. Porque despois de que tras anos dun intenso e constante traballo no que as diferentes directivas non regatearon un só esforzo para consolidar un proxecto idealista, que só tiña como obxectivo o fortalecemento e progreso do Concello de Camariñas, tal vez sexa chegado o momento de fixarse novas metas, sobre todo no ámbito duns deportes náuticos nos que temos todos os ingredientes necesarios para soñar: unhas instalacións idóneas, unhas equipacións náuticas en moitos casos aínda por estrear, o apoio entusiasta do Concello, unha firme experiencia adquirida tras uns primeiros anos de iniciación, pero sobre todo hai materia prima: un grupo de xóvenes rapaces camariñáns cun grado de preparación máis que adecuado pero sobre todo cun talento innato na liña dos navegantes históricos que dou unha terra única. Esa copa, sinxela, barata, indistinguible, tan só será a primeira das moitas que están por vir...
Comentarios
CLUB NAUTICO CAMARIÑAS
Allá, en tiempos lejanos,
Cabalgaba una idea,
Llevaba visos de estrellarse
Por lo lanzada que era.
En una alforja portaba
Proyectos de mar y tierra,
Y en la otra se asomaban
Los jinetes de primera.
Iban chupando etapas
Y mascando sus ideas,
Renovando mercancías
Y templando la carrera.
A pié mismo de la ría,
Izaron su gran bandera…
Casetas y pantalanes
Se le sumaron a ella.
De todo el mundo chalanes,
Vinieron a la carrera,
Para gozar de aquel puerto
Que enorgullece a mi tierra.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.