- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 07 Agosto 2009 07 Agosto 2009
Manuel Villaverde, vicepresidente da Federación de Vela con Sandra Insua e o Presidente e Comodoro do CNC
Camariñas: porto de parada obrigatoria
Estaba Camariñas a vivir o verán co maior overbooking de turistas que se recorde, da man dun novo e espectacular look que convertío á nosa vila en "La Tacita de Plata" da Costa da Morte, un destino turístico xa de primeiro nivel, cando en estas desembarcou nos pantaláns deportivos do CNC a Volta Náutica a Galicia cos seus máis de 50 iates e os seus máis de 300 participantes, moitos dos cales correron a desparramarse polos restaurantes, bares e hostais da Vila.A Volta Náutica a Galicia é a máis importante regata organizada pola Federación Galega de Vela, comenzou o 1 de agosto en Ribadeo, rematará en Moaña tras percorrer todo o litoral galego e dende hai xa uns anos ten como punto de parada obrigatoria o porto de Camariñas.
Por elo, fruto da colaboración entre o CNC e o Concello, e tendo en mente os importantes resultados económicos, de imaxe e publicidade que ten para a nosa vila, cada ano lévase a cabo nas instalacións do CNC unha recepción que inclúe unha suculenta sardiñada. Este ano entre os asistentes estaban Manuel Villaverde, Vicepresidente da Federación Galega de Vela, Sandra Insua Rial, Tenente de Alcalde do Concello ou Alberto de Artaza, Presidente do Club Náutico, a institución que un día xa hai anos fixo posible que esta volta recalara por vez primeira nestas terras da Costa Atlántica. Alí tamén estaba camarinas.eu, a web que levou a Camariñas ata a estratosfera sideral do ciberespacio informativo. E de forma desinteresada.
















Comentarios
Preciosas fotos
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.