- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 04 Agosto 2009 04 Agosto 2009
María: bautizo e comunión no mesmo día
María, a rapaciña camariñana que se bautizou e comulgou por vez primeira un 19 de xullo de 2009
Todo en un día: como naquela famosa película dos anos 80 protagonizada por Matthew Broderick, a protagonista desta feliz noticia, María, unha fermosa rapaciña camariñana filla dos nosos amigos Marcos e Mari Luz, residentes na Rúa San Miguel, decidío levar a cabo nun só día actos de tanta trascendencia para a súa vida posterior como o do bautizo e o da comunión. Os citados eventos relixiosos tiveron lugar o domingo 19 de xullo na Igrexa Parroquial de San Xurxo e si ven a luz con certo retraso é debido a que como ben sabedes camarinas.eu elabórase polos seus redactores nos ratos libres que permite un traballo sempre esclavo pero como toda a familia estaba ilusionada en que a noticia fora visionada polos amigos que deixaron nas Illas Canarias antes de retornar á súa Camariñas natal, pois publicámola co maior pracer. Mellor tarde que nunca.











Comentarios
Con eses ojazos que guian
Los pasos de niña buena
Yo te auguro en la vida
La suerte que tiene una reina.
Eres la diosa en tu casa,
Y encanto de luz que nos ciega.
Tienes el Agua que limpia
Y el Pan que sacia la tierra.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.