- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 31 Xullo 2009 31 Xullo 2009
Ás 12 da mañán deste 31 de xullo quedou inaugurada oficialmente a 2ª edición da Festa da Palilleira
Inauguración oficial da 2ª Festa da Palilleira
Pasadas as 12 do mediodía e instantes despois de que se gardase ás portas do Concello por políticos e persoal municipal un minuto de silencio polo atentado terrorista que na tarde deste xoves tivo lugar en Palma de Mallorca, inaugurábase oficialmente cun discurso do Alcalde a 2ª Edición da Festa da Palilleira de Camariñas que se desenvolverá durante este fin de semana e que trae consigo como principal novidade o 1º Concurso de Encaixe de Camariñas con suculentos premios. Entre os visitantes que se achegaron pola Praza da Insuela esta mañán estaba un vello coñecido de camarinas.eu, cuio futuro político e dotes fotoxénicas xa parecío intuir esta web con motivo da viaxe realizada polo mesmo un 5 de decembro de 2008 á nosa vila cando aínda era Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia: Manuel "Pachi" Vázquez, sustituto de Emilio Pérez Touriño e Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, que está a pasar no Hotel Rústico Puerto Arnela uns días de lecer.




























Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.