- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 27 Xuño 2009 27 Xuño 2009
Un 4 de xullo de sendeirismo co CNC

Imaxe da construcción hai xa uns anos da ruta de sendeirismo de Camariñas, agora bastante destartalada
The 4th of July. A festa de conmemoración daquela
data de 1776 na que 13 colonias británicas espalladas pola Costa Este
do Continente Norteamericano proclamaban aos catro ventos a Declaración
de Independencia da que despois sería a máis grande e
importante das nacións da terra, foi o día elexido polo CNC para
celebrar a súa clásica ruta de sendeirismo dende o Castelo do Soberano
ata o Faro Vilán, con comida final incluida nas instalacións do Club
Náutico pola módica cantidade de 9 euros, cun menú que reproducimos no
interior.
Por outra parte, tal e como publicaba camarinas.eu
en exclusiva a semana pasada, a campaña de inscripción de novos socios
continúa a bo ritmo e 16 persoas haberían iniciado xa os trámites para
entrar a formar parte do Club Náutico decano da Costa da Morte, entre
eles importantes nomes do noso Concello. Finalmente e para acompañar a
publicación desta noticia decidimos rescatar do noso inagotable
archivo histórico unhas curiosas imaxes da ruta de sendeirismo pola que
discurrirá a comitiva deste 4 de xullo: as da construcción xa hai uns
anos da así chamada por algúns "Pista de Alonso" ou "Alonso's Highway",
sen dúbidas en homenaxe ao político máis importante da historia do
Concello. Alomenos para o innumerable electorado de camarinas.eu.

Comentarios
Antonio
VITO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.