3.6883116883117 1 1 1 1 1 Rating 3.69 (77 Votes)

A maior beleza do mundo no San Juan do CNC

Suso Abeal, auténtica leyenda viva e membro destacado da Juventud Dorada camariñana dos anos oitenta
Suso Abeal, auténtica leyenda viva e membro destacado da Juventud Dorada camariñana dos anos oitenta

Este sábado 20 de xuño estaba programado que tivera lugar como ven sendo xa costume a Sardiñada de San Juan no Club Náutico de Camariñas. Pero eso non era o importante. Incluso podemos decir que foi accesorio á vista dos feitos que alí tiveron lugar. O realmente remarcable e que pasara á historia das vidas do pequeno número de afortunados que  o presenciamos foi a aparición de dúas anxelicales beldades provintes dun yate dunha beleza tan impresionante que o humilde redactor destacado pola web máis vista da Costa Atlántica apenas puido articular movemento algún. Foi entón cando tivo que acudir na súa axuda  a así chamada "Juventud Dorada" de Camariñas de finais dos setenta e principios dos anos oitenta.

Sardiñada de San Juan no CNC

Foi nos tempos do malogrado Aleksandr Serguéievich Pushkin, auténtico pai das letras rusas, alá a comenzos do século XIX, cando se acuñou unha frase que faría fortuna para referirse a todos aqueles xóvenes que provintes de familias cunha boa posición social e a menudo emparentados entre si ben por lazos de amistade ben por lazos de sangue, bailaban acompasadamente nos barrocos e ornamentados palacios imperiais do San Petersburgo dos Zares: "La Juventud Dorada".

Despois da tráxica morte en 1837 do seu gran poeta nacional a expresión xeneralizouse primeiro polo resto do gran imperio ruso e máis tarde, da man da literatura, ao longo de todo o mundo.  E así chegamos a Camariñas, que xa a principios dos anos setenta tiña o que se podería denominar unha auténtica Xuventude Dorada en condicións de merecer tal nome e integrada por un número de membros o suficientemente amplo. Xóvenes dotados dunha certa elegancia, algúns cunha adecuada formación, pertencentes a familias de longo arraigo na vila de Camariñas a xeración de finais da década dos setenta e principios dos oitenta estivo integrada por tres amigos desta redacción (Andrés, Suso, Fran) que este sábado 20 de xuño tiveron que botar unha man a un cariacontecido redactor de camarinas.eu superado polos acontecementos.

A causa: dúas impresionantes beldades de longas melenas rubias como só se poden ver no CNC desembarcadas dun yate de orixe desconecida, xa que nin eso se acordou de investigar un redactor ao que se lle caeron os papeis ante a presencia de semellantes exemplares do xénero femenino ás que nin acertaba a acercarse ás mesmas. Foi aquí cando a Juventud Dorada de Camariñas dos 70-80 antes citada exerceu do seu maxisterio e da súa aquilatada experiencia en lances de amor e axudou a redactor a  facer posible a presente reportaxe. E da sardiñada, ¿que queredes que vos contemos? Pois outra sardiñada máis. Nin máis nin menos.

Comentarios   

adry
0 # adry 21/06/2009 22:15
pedazo d rubias hay ahora polo pobo mima!!!!wapísim ass!!!
Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 22/06/2009 13:28
Deixade aljunha pos que vayamos en Julio.¡Teñen unha pinta...!
Denunciar ante o administrador
importa
0 # COMMENT_TITLE_R E Club Nautico Camariñas: San Juan 2009importa 23/06/2009 17:17
.... o dito alguns andan moi necesitados ....
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.