- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 16 Xuño 2009 16 Xuño 2009
O CNC inicia unha campaña de captación de socios

Este sábado 13 de xuño camarinas.eu adiantaba en exclusiva algúns dos puntos estrela do Programa de Verán 2009 do Club Náutico de Camariñas, consecuencia da reunión da súa Xunta Directiva celebrada en tal data. Agora xa estamos en condicións de publicar a medida máis importante e innovadora das acordadas e posiblemente unha das máis trascendentes do CNC nestes últimos tempos: con motivo da maioría de edade do club náutico decano da Costa da Morte este verán será posta en marcha unha Campaña de captación de novos socios os cales estarán exentos de aboar a cota de entrada (actualmente establecida en 300 euros). Deste xeito o CNC busca ampliar a súa masa social e abrirse de forma definitiva ás xentes do Concello de Camariñas. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa e ver o Programa de Verán do CNC 2009.
Nota de Prensa do CNC
- Beneficiarse dunha importante bonificación nas cotas de amarre.
Programa Actos Veran 2009
XUÑO
13, sábado: Regata Club Náutico de Camariñas "Liga Costa da Morte 2009".
20, sábado: Tradicional Sardiñada de San Xoán.
XULLO
4, sábado: Ruta de Sendeirismo dende o Castelo ata o Faro Vilán. Posteriormente comida no CNC.
17, venres: Recepción ao mediodía con motivo das Festas do Carme.
18 e 19, sábado e domingo: Regata de Vela Lixeira "Club Náutico de Camariñas".
25, sábado: Recepción á Xira Náutica.
AGOSTO
1, sábado: Entrega do título de Socio de Honor a D. Manuel Martín.
6, xoves: Festa de benvida á Volta Náutica a Galicia.
9, domingo: Aperitivo e brindis para festexar a maioría de idade do CNC.
14, venres: Festa infantil con concurso de pintura para nenos.
22, sábado: Comida dedicada a D. Juan Carlos Trillo Alonso, con motivo do seu nomeamento como maxistrado do Tribunal Supremo.
28, venres: Misa na Capela polos socios finados.
29, sábado: Asamblea Xeral Ordinaria. Posteriormente, Cea do Socio.
SETEMBRO
5, sábado: Comida-Homenaxe a INDUSTRIAS CERDEIMAR, S.L. con motivo do seu 125 aniversario, organizada conxuntamente coa Asociación de Empresarios de Camariñas
CLASES DE VELA
Asemesmo recórdase que ao longo dos meses de xullo e agosto impártiranse nas instalacións do CNC clases de vela en colaboración co Concello de Camariñas.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.