- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 07 Xuño 2009 07 Xuño 2009
Houbo un cambio de escenario: as obras na Avenida Eugenio López dificultaban á asistencia ao Pavillón Municipal. A noite non invitaba especialmente a saír da casa, a posibilidade de chuvia e un certo enfriamento do aire atmosférico flotaban no ambiente como unha amenaza. Pero nada impedío que esta segunda Cena Baile Festas do Carme 2009 fora un éxito rotundo e que máis de 150 asistentes abarrotaran o Restaurante Catro Ventos e degustaran por 20 euros un menú composto por salpicón de marisco e carne asada.
E como sempre que sucede cando un evento de carácter social fai que ao pulso de Camariñas se lle aceleren as súas pulsacións, camarinas.eu fixo unha demostración de forza e publica nas súas páxinas unha galería fotográfica de máis de 165 fotos. O noso director Diego Alonso Freire estuvo secundado polas nosas guapísimas redactoras Lucía e Maite, as cales accederon ás peticións clamorosas do gran público camariñán e deixáronse retratar con gran parte dos asistentes. Quentaban motores para a impresionante, tumultuosa e apocalíptica Cena Segundo Aniversario de camarinas.eu que se Deus quere terá lugar este verano.
Comentarios
Ainda que a mitad de xente xa nn esperou o baile.alegrome q todo salira ben pero osobre o bingo jaja tiña que facer un par de beses mas e solo se fixo duas beses.aora esperar pola cena de camarinas.eu jeje!
molan un monton la verda esque se paso bastante bien jejeje!!
VIVA CAMARIÑAS!
VITO...JEJE.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.