- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 02 Xuño 2009 02 Xuño 2009
Unha das principais empresas da Costa da Morte

Gloria e Pepe do Mantido captados para esta reportaxe de camarinas.eu pola cámara da súa neta Adriana
The Crystal Palace era un innovador e enorme edificio, estructura en ferro e cristal, co que a Gran Brataña da Reina Victoria deslumbrou ao mundo na celebración da primeira Exposición Universal de 1851 e que era obra de Joseph Paxton, reputado constructor de invernaderos. Non sabemos se os actuales propietarios do Restaurante Palacio de Cristal, con sede en O Allo (Baio) pretenden deslumbrar ao mundo ou si o Concello de Zas organizará a próxima Exposición Universal pero o certo é que na cena celebrada este venres 29 de maio de 2009 pola Federación de Empresarios da Costa da Morte (FECOM) logrou reunir a máis de 400 persoas pertencentes á máis variada "beautyful people" política e empresarial desta Franxa Atlántica dos nosos pecados.
Unha das principais empresas da Costa da Morte
The Crystal Palace era un innovador e enorme edificio, estructura
en ferro e cristal, co que a Gran Brataña da Reina Victoria deslumbrou
ao mundo na celebración da primeira Exposición Universal de 1851 e que
era obra de Joseph Paxton, reputado constructor de invernaderos. Non
sabemos se os actuales propietarios do Restaurante Palacio de Cristal,
con sede en O Allo (Baio) pretenden deslumbrar ao mundo ou si o
Concello de Zas organizará a próxima Exposición Universal pero o certo
é que na cena celebrada este venres 29 de maio de 2009 pola Federación
de Empresarios da Costa da Morte (FECOM) logrou reunir a máis de 400
persoas pertencentes á máis variada "beautyful people" política e
empresarial desta Franxa Atlántica dos nosos pecados.
O empresario homenaxeado nesta cena da FECOM polo Concello de Camariñas era o noso amigo e maestro Pepe do Mantido, fundador da lexendaria empresa de obra pública Mantido SL, o cal facendo gala da sencillez e humildade que sempre caracterizou a este gran home recolleu o premio en silencio e limitouse a dar as gracias a diferencia dalgún outro homeneaxeado que pouco máis e conta "La vida y andanzas del ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha" levantando unha ola de sopor, aburrimento e algo de crispación tamén entre o variopinto mundillo político e empresarial alí reunido. En definitiva, unha homenaxe que se facía xusta e necesaria, a un home emprendedor e visionario, creador de riqueza e de traballo, para o que os cartos nunca foron unha obsesión e sí agasallar aos seus amigos e ter a todo o mundo que se movía ao seu arredor contento e feliz. Ademáis, ¿que mellor homenaxe pode haber que a súa fermosa neta, redactora de camarinas.eu, elabore a reportaxe fotográfica do día no que recoñeceron a valía do seu avó?
Comentarios
LO MERECEN.
Un saludo
Antonio
Alegrome moitisimo que o pasardes ben todos.Moi chulo o restaurante..
Pero faltan moitas fotos jeje...
Bikiñs
Meu abuelo unha personta tan simple como de gran corazn, merece ésto e más, foi o mellor de todos dicindo,Gracias a todos, e non como algúns q en vez d dar as gracias vendian a empresa, pero bueno.
Paseino moi ben!!!
Foto número 15, detrás dos comensales aparece o mismísimo Napoleón a cabalo no cuadro de Ernest Meissonier "Campaña de Francia de 1814". Como se pasaron ca decoración estes tipos do Crystal Palace, jajajajaj, ¡¡Napoleón!! ¿E o Mariscal Mijaíl Kutúzov que lle gañou a Campaña de Rusia de 1812 (e cun certo parecido físico co noso gran Pepe do Mantido e asemesmo home afable, campechano e de gran corazón cos seus soldados) non sale? ¿E o cuadro do Mariscal Zhúkov conquistando Berlín tampouco? Como se pasan macho, jajjjajaj, Napoleón disque...si algún día me caso (altamente improbable) será no Palacio de Cristal, co cuadro de Napoleón ás miñas espaldas...
P.D.: ¡¡Felicidades Pepe!!
Si te casas non leves o palasio de cristal tantos invitados como habia este día, e si e por cuadros de napoleon, non te preocupes que chos pinto eu, pero mellor faia o aire libre.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.