- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 25 Mai 2009 25 Mai 2009
O sábado 6 de xuño será a Cea do Carme

Todos temos que aportar o noso gran de area para facer as mellores Festas do Carme posibles
O ano pasado tivo lugar un sábado 17 de maio, coincidindo cas Letras Galegas. Este ano retrásase a súa organización un pouco máis pero seguro que será un exito igual. A Comisión das Festas do Carme, no seu xa segundo ano de andaina volve a repetir unha fórmula que o ano pasado lle reportou moi bos réditos: a de organizar unha Cea Baile que terá lugar o sábado 7 de xuño no Pavillón Municipal de Camariñas, que non nos cabe dúbidas que estará cheo a reventar, para así desta forma proceder a recaudar unha cantidade ca que financiar unhas festas do Carme que este ano se espera que volvan a lucir as súas mellores galas.
O precio da entrada está fixado en 20 euros e a cea comenzará ás 21:30 horas, poidendo ser retiradas as entradas na administración de loterías de Camariñas. Tamén poderán ser reservadas as entradas chamando ao teléfono 981736518. En fin, unha cea que polo noso ben esperamos que sexa todo un éxito e na que nos dende logo alí estaremos. O primeiro sábado do mes de xuño vémonos no Pavillón Municipal. Pulsa na imaxe para ver o cartel que nos remite a Comisión de Festas de Camariñas e o vídeo íntegro das Festas do Carme de 1987.
Comentarios
Espero que se animen todos pa ir a sena da festa do carme que guai xa era ora dunha ceniña...
Asi que animarse todos jejej e ir a cena.
Mayte agardame a entradassss mirade que maytiña vende entradas quen as queira xa sabedes dnde pedilas jeje!
Saludos Diego
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.