- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 18 Mai 2009 18 Mai 2009

Os rapaces da Escola Municipal de Baile tamén participaron no Día das Letras Galegas 2009
Letras Galegas na Praza do Concello
Cunha ceremonia sobria e austera celebrouse no mediodía do domingo 17 de maio o Día das Letras Galegas. Porque non están os tempos para andar tirando cos cartos. Así camarinas.eu asistío na Plaza do Concello á entrega de premios do certame literario Intercentros, amenizada polo peculiar Antón Coucheiro, membro da Compañía Pistacastro. Había programadas outras actividades ao longo do día pero a ruleta informativa da web líder da Costa Atlántica elexío este acto por ser posiblemente o máis conexionado co intelectual homenaxeado neste ano 2009: Ramón Piñeiro ao premiar textos literarios dos nosos cativos. ¿Quen sabe si un futuro Camilo José Cela ou un Valle-Inclán se atopaba entre os rapaces camariñáns premiados este domingo? Alí, no día das letras en galego estaba presente Camarinas.eu para captar unha galería fotográfica destas posibles glorias literarias futuras da man dos nosos redactores Diego Alonso e Mónica Pasantes.
{multithumbs}
Comentarios
Galeguiñas e galegos
Oxe é un día de festa,
E nosos tinteiros van cheos.
Cheos de agarimos,
De relatos e de versos…
Nosos tinteiros van cheos.
Encheuno un día Rosalía,
E recuncou Ramón Piñeiro,
Curros Enríquez fozaba
No mesmo tinteiro da Terra.
Tinteiro,tinteiriño primeiro,
Tinteiro dos nosos libreiros
Deixa que barrúen de tinta
Nás escolas os nosos nenos.
Antonio Puertas
VITO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.