Tendo como campo de operacións loxísticas o Concello de Camariñas e por extensión a Costa da Morte, a comitiva xornalística de camarinas.eu non podía por menos que presentarse hoxe en Camelle para asistir in situ aos actos que a Comisión de Festas tiña preparados no Día das Letras Galegas, para así conmemorar tan importante data no calendario festivo de Galicia e de paso recaudar unha pequena cantidade ca que axudar a organizar todas aquelas festas que están por vir na vila máis norteña do Concello e das que camarinas.eu dará puntual cobertura informativa. Un programa no que tiñan cabida pandereteiras e cantareiras, a festa da caramuxa ou un desfile de modas, o "Camelle Fashion Day" a base da roupa suministrada por Modas Guillermina de Camelle. Alí estivo camarinas.eu para captar unha impresionante galería fotográfica sobre como organizar un perfecto desfile de modas.
Comentarios
Saludos
MAN
Cando asomen dende alta mar
As fontes baldeiras de vida ,
E mesturen a sua negrura
Co arte maguado aquel día…
…Cando as gueivotas caian feridas
E, as pisadas sinalen o andar
Lento, pingando, con bágoas o chán,
E marque os seus pasos o alquitrán….
…A néboa, nunha tarde queda, boará
A figura acurrucada no lugar,
Erguéndo ,o fin, sobre un altar
O arte e a obra de MAN.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.