- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 16 Mai 2009 16 Mai 2009
Despois de que ao longo de todo este domingo, só os usuarios rexistrados de camarinas.eu poideran ver en exclusiva a noticia relativa ao tradicional acto de confirmación masiva na fe católica que ten lugar nesta antiga vila dende épocas moi lonxanas cada primavera, procedemos á publicación da mesma: unha impresionante galería de fotos que Diego Alonso sacou este sábado na Igrexa Parroquial de Camariñas con motivo da confirmación de cáseque trinta xóvenes (e non tan xóvenes) camariñáns polo Vicario de Santiago de Compostela. O ano pasado tal e como se reflexa na noticia relacionada, o Acto de confirmación, sempre na primavera, aconteceu un domingo 20 de abril. Este ano o día elexido foi un 14 de maio sábado. E como sempre unha lexión de adolescentes cumpriron cun rito moi antigo co que reafirman na perigosa e esvaradiza época da pubertud un compromiso cunha relixión e cunha cultura, cunha civilización en definitiva na que a meirande maioría dos nosos antergos veñen desenvolvéndose dende tempos inmemoriais.
Pero tamén houbo persoas de edade máis avanzada que se acercaron pola noso coqueto e acicalado templo parroquial para confirmarse na relixión cristiana, apostólica e romana como o pai do noso querido amigo o Chileno. Hai un ano publicábamos a nosa primeira reportaxe das confirmacións en Camariñas, unha noticia que esperamos que se convirta nun clásico que ano tras ano poidamos seguir publicando para ledicia e información dos nosos usuarios e lectores. Porque a vocación de camarinas.eu, a web que o revolucionou todo, é a de permanecer aquí con vos longo tempo. Esperemos que entre todos o fagamos posible por ben do noso Concello. En fin, tal e como rematábamos a noticia hai un ano: Felicidades a todos e xa sabedes, portádevos como bos cristianos.




































































Comentarios
Por que diq estn en pekado pero
o ano pasado ubo xente que se confirmou e mas vivian cos mosos....e amin as moxans nn me deixaron e como se lle dea a raxeira...
Tamen din que tes que ir dous anos as clases e o ano pasado ubo moita xente que nn foi que solo foron o mismo dia a confirmaser e listo cousa q tampouco entendo pero bueno..
.
E Non maruja creo q nn fai falta por que eu sei de qn se casou sin confirmacion e despos fixoa despos de casada...
Enorabuena os que se confirmaron.... .
BUENO LUCIANA ESTA SIN BAUTISAR,E XA TEN ANO E MEDIO,PERO DE SALUD MUI BEN JRASIAS A DIOS..ESTE ANO FASEMOSLLE O BAUTISO E A COMUNION A AFRICA O MISMO DIA AS DUAS.
FELISIDADES OS CONFIRMADOS.SALUDOS.
VITO
ENHORABOA A TODOS
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.