4.0877192982456 1 1 1 1 1 Rating 4.09 (57 Votes)

Semana Santa con novedades no CNC

Amparo e Lola, as dúas mulleres responsables de levar con pulso firme o timón do CNC esta Semana Santa
Amparo e Lola, as dúas mulleres responsables de levar con pulso firme o timón do CNC esta Semana Santa

Unha tarde chuviosa, fría. Un Concello sumerxido nos aloucados días da máis importante das Feiras do Encaixe. Un Club Náutico aloxado alá onde o mundo termina. Un grupo de socios, moitos deles residentes fóra da vila, que recurrentemente volven a ela con motivo de calqueira festividade. Un Salón Social  que é inaugurado coincidindo cos días nos que se conmemora o martirio, pasión e morte do Noso Señor Xesucristo. E finalmente os primeiros pasos da que se espera que co tempo sexa unha das principais regatas náuticas da Costa da Morte. Pulsa na imaxe para ver unha amplia galería fotográfica sobre todo o que aconteceu esta Semana Santa no Club Náutico de Camariñas.

Actividades de Semana Santa no CNC

Unha tarde chuviosa, fría. Un Concello sumerxido nos aloucados días da máis importante das Feiras do Encaixe. Un Club Náutico aloxado alá onde o mundo termina. Un grupo de socios, moitos deles residentes fóra da vila, que recurrentemente volven a ela con motivo de calqueira festividade. Un Salón Social  que é inaugurado coincidindo cos días nos que se conmemora o martirio, pasión e morte do Noso Señor Xesucristo. E finalmente os primeiros pasos da que se espera que co tempo sexa unha das principais regatas náuticas da Costa da Morte.

A primeira novidade que tivo lugar no CNC esta Semana Santa foi a inauguración na tarde do Xoves Santo do Salón Social. Este humilde pero coqueto rincón de xuntanza para os socios do Club Náutico está constituido por unha librería construida en madeira de carballo de 6 metros, un televisor de plasma de gran tamaño, DVD cun amplio surtido de películas de temas náuticos, todo tipo de xogos de mesa, ademáis duns confortables sillóns para disfrutar de todo elo de forma descansada e relaxada. Neste punto cómpre reseñar a labor desenrolada estes días por dúas vocais da actual Directiva, Amparo e Lola, sin as cales posiblemente o éxito que constituío a inauguración oficial deste recuncho adicado ao socio non sería posible. Para conmemorar tal evento servíronse uns viños e uns pinchos.
Posteriormente, na mañán do Venres Santo, e con menos participantes do esperado debido ás condicións climatolóxicas  adversas que lamentablemente estamos a sufrir en Camariñas estes días da Mostra do Encaixe, tivo lugar como ensaio xeral para edicións posteriores a I Regata de Semana Santa á Ría de Camariñas, na que unha vez chegados os contendentes á meta, foron agasallados cunhas viandas e uns prendas náuticas do CNC como recordo de tan pioneiro evento. Todo sexa para poder contribuir siquera mínimamente a achegar visitantes a Camariñas nunhas datas nas que este Concello se convirte no principal destino turístico da Costa da Morte.


Comentarios   

mantida
0 # mantida 11/04/2009 15:56
Non teño o justo de conoser a Amnparo pero xunto con Lola, traballadora e luchadora donde as haxa farán un boo duo para traballar pa todo o que faja falta no club náutico.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.