- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 08 Abril 2009 08 Abril 2009
Si na edición do 2008 a nosa Mostra do Encaixe chegaba á súa maioría de edade, a partir de agora deberá camiñar no complicado e difícil mundo das exposicións e feiras internacionais como un adulto. Efectivamente: cara ás 17:00 horas deste mércores 9 de abril de 2009 quedaba inaugurada oficialmente a XIX Mostra do Encaixe ca presencia dun gran amigo de Camariñas como é o Presidente da Excma. Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, un home sin cuio interese e axuda material posiblemente a nosa Mostra non sería posible. Pulsa na foto para ver a galería fotográfica captada pola redactora nº1 de camarinas.eu: Lucía Carril Ageitos.
Dábanse os retoques de última hora, as instruccións finais eran impartidas, notábase un certo nerviosismo no aire, pero finalmente o traballo desenrolado de forma frenética nestes últimos días dou o seu resultado e as cousas saíron razonablemente ben. Para a inauguración oficial si o ano pasado acercouse ata Camariñas o agora derrotado ex-Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño (o único en 19 anos de existencia da Mostra que fixo a súa aparición nunha inauguración), desta volta o único Presidente presente era un clásico que difícilmente se perde unha soa Mostra: ese gran amigo de Camariñas chamado Salvador Fernández Moreda, o cal no seu discurso incidío na importancia da Mostra do Encaixe como motor económico que revitalice a Costa da Morte e máis nestes tempos de agudas crises económicas que ata se levan por diante gobernos e ministros a tutiplén.
Despois, poñendo xa o pe en terra e dedicándonos ao pueblo humilde e traballador, démonos unha volta polos diferentes stands, vimos con orgullo o encaixe das nosas futuras palilleiras e deleitámonos co look andróxino e atraínte das azafatas, especialmente dunha vella clásica das Mostras como a nosa beauty Maitiña. En definitiva, todo listo e preparado para recibir nos vindeiros catro días o maior número posible de visitantes á que é sen lugar a dúbidas unha das principais feiras internacionais no difícil e complicado arte do Encaixe de Bolillos.
































Comentarios
JRASIAS TAMEN A LUCI POLAS FOTOS,QUE SON MUI CHULAS...AH!!NA ULTIMA FOTO,SALE O ROBOT MAIS BONITO DO MUNDO..JAJAJAJ..SALUDOS.
VITO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.