- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 03 Abril 2009 03 Abril 2009
Agora que os nosos políticos (ben xaleados por algún que hai por ahí) andan a pau libre a conta do tema de Man, de forma calada e sin espectáculos estes días por fin vimos unha iniciativa que se pode calificar de útil e proveitosa: trátase das "Pedras e Delicias de Man" ideadas por unha das mellores panaderías deste concello, a que ten a nosa amiga e seguidora Perla en Camelle, como forma de orixinal homenaxe culinaria ao xenio inconoclasta alemán. Elaboradas a base de améndoa e chocolate cen por cen natural sairán á venda con motivo da XIX Mostra do Encaixe esta Semana Santa nas tendas da Panadería Perla en Camelle e na Ponte e posiblemente nun stand dentro do recinto da Mostra
Desta forma á marxe dunha política que tanto pode envenenar as relacións entre veciños, a xente humilde e traballadora rende unha homenaxe innovadora e orixinal á quen se convertío co tempo no auténtico símbolo e seña de identidade de Camelle, un xenio incomprendido e inclasificable que seguramente de seguir vivo estaría moi axeno a toda a polvareda que se levantou con motivo do seu nome. E é que a través da sabiduría panadeira e pasteleira de Perla, a obra e universo particularísimo de Manfred Gnadinger volve a ser recreado en forma de chamativas delicias e pedras de cores elaboradas a partir da mellor améndoa e chocolate de forma absolutamente artesanal. O cal sen dúbidas constitúe a maior homenaxe que puidera facerse a Man se temos en conta que na súa Alemania natal, antes de recalar en Camelle, xa artellaba creacións imposibles como mestre panadeiro. En fin, porque ao fin e ao cabo tanta arte e orixinalidade tan só podía surxir no mesmísimo Camelle.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.