4.1492537313433 1 1 1 1 1 Rating 4.15 (67 Votes)

O CNC organiza a I Regata Náutica de Semana Santa

Todas as asociacións do Concello terán en camarinas.eu un altavoz adecuado para as súas actividades
Todas as asociacións do Concello terán en camarinas.eu un altavoz adecuado para as súas actividades

A nova Directiva do Club Náutico de Camariñas empeza xa a dar os seus primeiros pasos e así esta Semana Santa, coincidindo ca XIX Mostra do Encaixe e como complemento da mesma que axude a atraer ao noso Concello o maior número de visitantes posible en tan importantes datas, ten previsto realizar diversas actividades dentro das cales destacan a inauguración na tarde do Xoves Santo do novo Salón Social do CNC e ao día seguinte, na mañán do Venres Santo, a organización da I Regata Náutica á Ría de Camariñas. Ademáis sempre e cando se nos suministren as claves correctas, está previsto que se proceda á revitalización da súa web, donando camarinas.eu o seu servidor para aloxar a páxina dunha das asociacións máis importantes do noso concello. Pulsa na imaxe para coñecer todas as novidades que ten preparadas o CNC para esta Semana Santa 2009.

Actividades do Club Náutico para Semana Santa

Image

INAUGURACIÓN DO SALÓN SOCIAL DO CLUB NÁUTICO DE CAMARIÑAS

O próximo 9 de abril, Xoves Santo, preto das 19:30 horas da tarde, terá lugar a inauguración do novo Salón Social do Club, o cal estará constituido por unha librería de carballo de grandes dimensións, con zona de vitrinas para trofeos, fotografías que recollen momentos relevantes do Club, os seus anteriores presidentes, etc. Todo elo presidido por un televisor de plasma de gran tamaño, DVD cun amplio surtido de películas de temas náuticos, todo tipo de xogos de mesa, ademáis duns confortables sillóns para disfrutar de todo elo de forma descansada e relaxada. Para acompañar a inauguración servirase un viño a tódolos asistentes.

VOLTA NÁUTICA DE SEMANA SANTA

Por outra parte e continuando cas novidades que a actual Directiva do CNC ten preparadas para esta Semana Santa, o Venres Santo, día 10 de abril, ás 12:00 horas, está prevista a saída da I Regata de Semana Santa á Ría de Camariñas. Trátase, por ser o primer ano e haberse organizado con pouca antelación, dunha mini-regata, pero esperamos que nos vindeiros anos (sin ir máis lonxe, xa o ano que ven) esta regata vaia cobrando auxe e solera e acolla a un maior número de participantes como forma de dar un maior impulso aos deportes náuticos no noso concello e contribuir a facer de Camariñas un dos centros principais da náutica en Galicia.

Ao rematar a regata daráselles aos participantes o seu correspondente refrixerio e, si verdaderamente a singladura discorreu polos cauces do fair play e do xogo limpio, tamén repartiranse algúns pequenos obsequios.

A Volta está aberta a todo O mundo que queira participar na mesma. Basta con avisar ao Club previamente (Tfno. 981737130) ou presentarse alí unha hora antes da saída para formalizar a inscripción.

 

Comentarios   

JABA
0 # PREJUNTOME EU?JABA 31/03/2009 23:05
Unha prejuntiña,¿fai falta yate,velero,jam ela ou kalker medio de transporte nautiko pa poder partisipar nesta REJATA?
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 01/04/2009 15:35
que jane o mellor dijo eu viva camariñas sefa e os pedros
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.