- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 28 Marzo 2009 28 Marzo 2009

Foto final da mellor Escola Taller na que o alumnado enseña orgulloso os seus diplomas de graduación
Eran pouco máis das 13.00 do venres 27 de marzo de 2009 cando remataba unha alianza que fixo historia. Tratábase da alianza non escrita, non rubricada sobre papel algún, pero fluida e fecunda entre a Escola Obradoiro Aldea Madeira e a web camarinas.eu: 18 meses de andaina común, máis de 15 noticias publicadas que acadaron no seu conxunto máis de 100.000 visitas, unha Escola Taller que constituío unha fonte inagotable de redactoras para esta web, a amistade e complicidade entre ambas direccións, pero sobre todo un bo facer e unha profesionalidade publicitada a través da web maís vista da Costa Atlántica. Pulsa na imaxe para ver o acto postrero e final da Escola Taller máis exitosa que se vío por estas terras.
Remata a Escuela Taller máis exitosa
Dezaoito meses das nosas vidas transcurriron dende aquel día plomizo e chuvioso de principios de outubro de 2007 no que camarinas.eu desprazouse ata o Centro de Iniciativas Empresariais para entrevistar no primeiro día de existencia da que resultou ser a Escola Taller máis exitosa que se ten desenrolado no noso concello a Pili, Vanessa, Tania e Paula, catro das alumnas que compoñían un alumnado voluntarioso e entregado ás labores de cociña, hostelería e animación sociocultural. Posteriormente reportaxes exitosas e de calidade sucederíanse cíclicamente, dando lugar a profundas relacións de amistade entre esta redacción e a dirección da Escola e co seu alumnado, do que incluso chegarían a saír redactoras desta web.
E claro, camarinas.eu non podía faltar no acto de clausura da Escola Obradoiro. Un acto que comenzou na mañá deste venres 27 de marzo con certo retraso e ao que asistiron entre outros o Alcalde, diversos concelleiros, o líder da oposición municipal, a delegada da Consellería de Traballo (que era a que financiaba o asunto) e familiares dos alumnos que se graduaban e que no medio de tanto discurso non debemos olvidar que eran os grandes protagonistas do evento que tiña lugar. Como tamén o director de Escola Taller, Alberto Rogelio Fuentes e o impresionante equipo humano e profesional que durante estes meses tan duramente se esforzou por dar a estas rapaces e rapazas unha formación adecuada para o competitivo e implacable mercado profesional que se van a atopar unha vez fora da Escola municipal.
Para o futuro, o Pleno do Concello en sesión celebrada a finais de febreiro solicitou ante a Xunta a realización doutra Escola Obradoiro no noso Concello, asemesmo de cociña, hostelería e animación sociocultural se ben máis reducida en canto a orzamento e alumnado. Si se concede, alí estará dende o primer día camarinas.eu para intentar cubrila polo menos de forma igual de exitosa que a Escola Taller que fenecía de forma irremediable na encapotada e triste mañan do venres 27 de marzo de 2009. Alumnos, alumas, profesorado: esperamos que a forma en que cubrimos os vosos actos, vos encheran de tanta ilusión como a nos cubrilos e publicalos. Ata sempre.
- Comenza unha nova Escola Obradoiro en Camariñas (01/10/2007)
- Estrea Oficial das alumnas da Escuela Taller (30/10/2007)
- Charla sobre o cooperativismo na Casa de Pedra (23/11/2007)
- Finaliza un primeiro trimestre de éxitos da Escola Obradoiro (24/01/2008)
- Visita da Escola Obradoiro do Salnés II a Aldea Madeira (02/06/2008)
- Cata de viños en Aldea Madeira (25/06/2008)
- Xornada de iniciación á cata de viños en Aldea Madeira (28/06/2008)
- A festa da Palilleira de Camariñas recala en Aldea Madeira (08/08/2008)
- Os nenos saharauis visitan Aldea Madeira (29/08/2008)
- A Escola Obradoiro visita a Granxa Escola "El Kiriko" (19/10/2008)
- Escola Obradoiro: Xornada de Xúbilo Mariñeiro (15/11/2008)
- Os rapaces de Aspadex Visitan Aldea Madeira (30/11/2008)
- Excursión da Escola Obradoiro ao IES Fraguas do Eume (03/12/2008)
- Xantar de Nadal do persoal municipal en Aldea Madeira (17/12/2008)
- Cea Fin de Ano da Escola Obradoiro Aldea Madeira (22/12/2008)
- Resolución do Concurso de Escaparates en Aldea Madeira (10/01/2009)
Comentarios
VITO
na setaria do señor pitorreo que momentos a queles, asta lle ibamos dar de comer as larvas os fin de semana,
foi o mellor dos meus dias de traballo, entotal eramos 15 alunos, na espesialidade ena escola enteira eramos sobre 90 alunos, seme a cordo tomano o desalluno no bar piña e quelo foimoito...unsa ludo pa todos que ali tu vemos......
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.