- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 24 Febreiro 2009 24 Febreiro 2009
Todas as fotos do Concurso de Carnavales 2009

Na tarde deste 24 de febreiro un Concurso oficial dos Carnavales do 2009 que estaba programado para as cinco da tarde empezou cun retraso de máis de media hora porque Verónica, a encargada da biblioteca municipal, Karina e Margarita, membros do xurado, non daban abasto a inscribir a toda a tropa de rapaciños e rapaciñas de Camariñas que querían tomar parte no máis multitudinario concurso de disfraces que se vío nunca no Polideportivo Municipal: máis de 115 cativos luciron as súas mellores galas diante do público que abarrotaba o Pavillón. Pulsa na imaxe para ver unha amplísima galería fotográfica e ler a nómina de premiados.
Concurso de Carnaval do 2009
A todo esto hai que decir que o Comité de Sabios Expertos que tiña encomendada a difícil labor de decidir entre tan variado e fenomenal muestrario de disfraces estaba composto por Karina Carril Ramos, Margarita Seijas Carballal e Marcos Vázquez Campaña, que a duras penas deron atopado un veredicto xusto ante tal mostra de talento interpretativo. As categorías do concurso eran tres e os premios quedaron repartidos do seguinte xeito: na categoría infantil o 1º premio foi para a rapaciña de dous anos Sasha Rocha Morate vestidiña de monxa; 2º premio para Martín Luaces Castro, 6 anos, disfrazado de bobina de fío; e 3º premio para Isaac Leis Garrote cun disfraz de aviador de combate a lomos da súa propia aeronave.
Un único participante houbo na categoría de invidual adulto, foi a nai do 1º infantil, Deborah Morate Núñez, que vestida de sevillana levouse o 1º premio dotado con 100 euros. En fin, premio por partida doble dentro do seno da mesma familia. Finalmente chegouse o máis disputado e polémico premio, o referente ás comparsas, con cinco participantes e que quedou como se sinala a continuación: 1º premio para "O Home do tempo" representado por María del Monte Bouzas Carril; 2º premio para "Ovos de Corral" que tiña como representante a Bárbara Mouzo Canosa; e de 3º premio "Tetris" con Cristina Pasantes Barilleira á cabeza. En fin, queridos usuarios, unha tarde deliciosa para todos queles pais, rapaces e sabios expertos que se acercaron ata o Pavillón Municipal nun acontecemento que durante máis de dúas horas entretivo a todos os asistentes e no que o xurado fallou coa dilixencia dun bo pai de familia (Dereito Civil) ou a de un honrado comerciante (Dereito Mercantil).
Comentarios
VITO
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.