- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 20 Febreiro 2009 20 Febreiro 2009
Eran as 11 da mañán cando os sufridos fontaneros do noso concello traballaban noutra das innumerables averías que se estaban a reparar nas recentes obras da Calle do Medio, cando unha avalancha de entruidos deixou paralizados aos operarios: os nenos da escola "O Areal" de Camariñas festexaban a chegada do Carnaval cunha procesión en comparsa polas calles de todos os cursos desta escola camariñana.
Desde os rapaciños máis pequenos ata os cursos máis vellos, desde a escola todos paseaban os seus disfraces realizados por eles mesmos con orgullo, pasando polo novo e precioso Paseo Marítimo de Camariñas ata chegar á Casa do Concello onde os esperaba o mesmísimo Alcalde de Camariñas Pichurri. Bueno, en fin, mellor será que vexades as fotos que sacaron os dous reporteiros gráficos oficiales de camarinas.eu: Diego Alonso e Albito Diéguez "Hombre Lobo".
Comentarios
VITO
Da justo ver a tantos neniños do noso pueblo disfrutar como "enanos" déstas festas tan típicas do noso pasado,onde os jrandes MESTRES da sátira POPULAR...(PEPE CAMPOS,CHUCO FARRUCO,CALOCHA ...) sacaban a rua o mellor do seu inxenio,marcánd o nó noso recordo toda unha época vivida da posjerra.
¡¡¡NORABOA !!!
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.