- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 15 Febreiro 2009 15 Febreiro 2009

A nacemento de Joel era un deses acontecementos que levábamos preparando con esmero e cariño durante toda a semana en camarinas.eu: no mesmo momento en que Gelinita nos confirmara que a súa prima Aniña de Sofía dera á luz sen maiores complicacións e felizmente un fermoso bebé, unha brigada de redactoras de camarinas.eu poñeríase en camiño para cubrir tan agradable noticia e ofrecer a tódolos nosos usuarios as primeiras fotos de Joel, o novo filliño de Ana que virá a facer compañía ao seu irmán maior Gabi. Sen embargo, cando as rotativas xa estaban a punto de imprimir a noticia, quedaron paradas mediante un terrible blackout informativo que nos tivo a dúas velas ata a soleada mañán deste esplendoroso domingo 15 de febreiro. Pulsa na foto dunha feliz e radiante Ana para ler a noticia completa.
Nacemento dun futuro usuario de camarinas.eu
Era a noite do martes cando Aniña asomaba pola nosa web para dar o pésame pola morte de Chuchita. Pouco máis de doce horas despois, exactamente ás 15:00 do mércores 11 de febreiro de 2009 daba felizmente a luz e sen maiores complicacións un fermoso bebé que tivo un peso de 2,900 kilogramos e que recibirá o nome de Joel. Un rapaciño que virá facerlle compañía ao primer fillo de Ana, Gaby de catro anos de idade e fruto do seu matrimonio con David, que foi o encargado de elexir o nome do seu novo irmanciño.
Así pois, para estar ao lado da súa amiga en tan feliz e importante momento, achegáronse na mañá do xoves ata o Hospital Materno-infantil da Coruña as nosas redactoras Adry, Lucía e María Belén: a redacción femenina de camarinas.eu ao completo. Alí, acompañando a súa filla e ao seu netiño xa se atopaba Sofía, cuios cuidados expertos e consellos sabios axudarán a Aniña a criar a tan fermosa e xeitosiña criatura. E á semellanza dos Tres Reyes Magos de Oriente, chegaron as nosas tres redactoras cargadas de regalos: Lucía levoulle un cambiador de pañales e un xogo de chupetiños, mentres que Adry reagaloulle unha camiseta e un pantalonciño, que viñeron a facer compañía a algúns presentes que xa estaban alí, entre eles un espectacular osito de peluche. En fin, Ana, na redacción de camarinas.eu aledámonos de que todo saíra á perfección e sen maiores problemas. Xa sabes, agora ven o máis difícil: a complicada e dura tarefa da educación dun fillo. En todo caso, ¡¡Moitas Felicidades Aniña!!
JOEL
Joel es un tesoro
Que la vida nos ha dado,
Es un niño del futuro,
¡¡Bienvenido a nuestro lado!!
Vivirás en otros tiempos
Que el mañana habrá creado,
No te olvides que eres fruto
De lo que fue tu pasado.
Antonio Puertas

























































Comentarios
Por ese bebe tan binitiño....Joel..
A de ser tan guapo como Gabi...
Moitos bikiños e espero verche moi pronto por camariñas jejej pa podelo pasear eu eee jejeje...Felici dades...
O máis gracioso foi cando o collín q non sabía como que nunca collera a un recién tan pequeniño, pasámolo moi ben no hospital e o mellor de todo e que salío sanísimo e wapísimos como seus pais.
muitos bikiños Ana e esperamosche pronto en Camariñas eh que cho temos que pasear eu más luci.
muakiss.
Bueno pos eu a verdad e que non sei nin como empesar e como poñervos pra darvos as grasias a tod@s polas vosas enoraboas,a verdad e que cando me desia miña tia Sefa que nos derades muita xente a enorabuena non o creia e a verdad e que pensei que non fora tanta,tanta xente.
Muitas,pero que muitas grasias a tod@s,non teño palabras para agradeseros a tod@s polas vosas felistasions.GR ACIAS DE CORAZON A TOD@S.
E bueno nos ahora xa tamos na casiña e mui ben os dous,a verdad e que estamos tod@s mui contentos por este neno tan deseado.Cada dia que pasa esta mas juapo,jajaja.qu e vai desir a nai non?jajaja.
E miña nai tamen esta que chochea,si a virades,jajaja, esta todo dia mirando pa el.A verdad e que xa tiñamos janiñas de velo,pero mira ahora xa esta aqui con nos.
Pos bueno o dito muitas grasias a tod@s e si dios quer a ver si nos vemos este fin de semana por Camariñas que Joel xa ten janas de conoser a sua terriña.Un bikiño mui grande para tod@s
GRACIAS.
Aniña de Sofia e familia.
ADRI,CAPELUCITA E BELEN...A VER A QUE ESPERADES,QUE O PEOR E FASELO..JAJAJAJ A..SE NON PREJUNTADELLE A DAVID..OS PAIS SUFRIMOS MOITO VENDOBOS JRITAR NA FABRICASION A MAIS NO PARTO...ANIMADE VOS!!!!QUE E A COUSA MAIS BONITA DO MUNDO..SALUDOS.
VITO
ENHORABUENA a tus padres y demás familia.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.