- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Reportaxes de Camarinas Reportaxes de Camarinas
- Created: 21 Xaneiro 2009 21 Xaneiro 2009

Si a obra que está a remodelar a fachada marítima de Camariñas está a ser unha das actuacións máis importantes para orientar o futuro económico do noso pobo hacia un rumbo dirixido expresamente ao turismo, outro dos pilares fundamentales deste proxecto turístico debería de ser a adecuación do tramo que vai de Camelle ao Vilán pola costa de Reira. Unha das paisaxes naturais máis salvaxes e fermosas do planeta que languidecen nun estado lamentable de abandono. Camarinas.eu toma cartas no asunto e publica unha ampla galería fotográfica de dito traxecto costeiro e que remata con unhas imaxes dos barcos refuxiados no manso e tranquilo mar do porto de Camariñas.
En resumidas contas, e sen querer molestar a nadie parece que tódolos esforzos das distintas administracións por potenciar o turismo neste concello (nova fachada marítima camariñana, paseo de Arou, novo porto de Camelle, máis amarres no Club Náutico de Camariñas, saneamento de tódolos núcleos poboacionais do concello, conservación do legado do Alemán de Camelle, etc..) están a olvidar levemete o que sería unha das grandes atraccións de turistas desta Costa da Morte: acondicionar o tramo costeiro que vai desde Camelle a o Cabo Vilán pola costa cunha boa carretera asfaltada e uns accesos ás praias dignos e cuns servicios acordes cos tempos nos que vivimos.
Non queremos dicir que se achegue a este tramo salvaxe e virxen da Galicia costeira e reserva natural do noroeste español un complexo hoteleiro ou se urbanice de arriba a abaixo. Sólo se trata de que se acondicione este paraxe para que calqueira que se trate de acercar a este fermeso percorrido non rompa literalmente o coche polo camiño. Eso mesmo lle pasou a un soitario redactor que, querendo facer unha reportaxe do temporal que azotou as nosas costas estes días casi queda literalmente enlamado e atascado no camiño que leva de Camelle ao Vilán.























































































Comentarios
Qué fotazas!! sois unos artistas
BONITA REPORTAXE.
VITO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.