- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Reportaxes de Camarinas Reportaxes de Camarinas
- Created: 08 Decembro 2008 08 Decembro 2008
As imaxes nunca vistas do Faro Vilán

camarinas.eu con motivo do Nadal inicia unha xeira de regalos aos seus usuarios, en especial as lexións de emigrantes galegos que siguen á web líder da Costa da Morte dende Suiza, Canarias, Arxentina, etc, cunha reportaxe na que adentrándose por sendas únicamente coñecidas polos máis experimentados percebeiros camariñáns capta o Faro Vilán dende unha perspectiva poucas veces amosada nos medios de comunicación: trátase da reportaxe sobre a cara oculta do Vilán, que amosa fotos inéditas do máis fermoso dos faros. Pulsa na imaxe do baluarte pétreo invencible por excelencia da Costa da Morte para ver unha reportaxe fotográfica e de vídeo co selo de calidade característico de camarinas.eu aderezada ca Oda de Homenaxe definitiva composta por Juan Camariñán, o Rei literario desta Franxa Atlántica.
A cara oculta do Faro Vilán
Corría o ano 1973 cando os daquela aínda non tan grandes Pink Floyd publicaban un disco, o primeiro co novo cantante e guitarrista David Gilmour, chamado a facer historia: "The Dark Side of the Moon" (La cara oculta de la Luna), un disco que sería o abandeirado do novo estilo musical, o rock sinfónico, creado polo grupo británico e do que serían en vindeiros anos os reis indiscutibles, un disco pioneiro que exploraba novas vías e abría sendas inexploradas polas que discorrería a música no futuro. Ese foi precisamente o carácter do desafío aceptado por Juan Camariñán cando esta redacción lle plantexou facer unha reportaxe nunca vista: aquela que exploraría a cara oculta, nunca amosada, do Faro Vilán, cun texto innovador acorde ca reportaxe fotográfica que captaría o máis fermoso dos faros de España dende unha óptica distinta. Aquí está o resultado. Esperemos que, na medida das súas posibilidades, tamén faga historia.
Aljúns din que se lle chamou Villano polos centos de víctimas que padeceron debaixo de seus empedrados acantilados.
Teño oído de que unha viuda dun mariñeiro que morrío xusto devaixo da furna de nordeste, subío hasta a loma do monte, e en ela escribío con sangre: - renejo de un Dios Villano que non aprecia a xente bondadosa - e acto sejido tirouse aos acantilados que van dar a esa furna.
Outros contan que eran unhas pedras tan bravas, que os mariñeiros non se atrevían a acercarse a un sitio tan fiero e vilán.
Di aljún historiador que nos cimientos do ahora Faro Villano, había unha gran laxa de pedra donde cada ano os celtas ofrecían como tributo aos Dioses á doncella máis fermosa do pueblo. Contan que en esa misma laxa, como castigo degollaban a ladróns e villanos.
Narran as historias, que un rey villano obsesionado ca súa seguridad quixo faser un castillo infranqueable no islote do ahora Vilán, con un puente colgante hasta a insua, donde cen guerreros protexerían o acceso.
Escrito está que os bravos guerreros sajones nunca se acercaron a nosas costas por medo a leyenda de un moustro de pedra atroz e villano que salía do mar.
E que ten o Vilán na súa punta máis norteña, rostro de persona, cabeza de moustro e corpo de reptil.
Falan os percebeiros que cando cae a nuite, e están debaixo do fociño do Vilán, oise un queixido cada vez que unha raspa afilada rasca a pedra.
Uns e outros falan de que nas súas furnas escóndense tesoros de corsarios, almas en pena e corpos de difuntos perdidos.
Os crellentes din que pola cara norte hay unha furna a que apodan a furna dos infernos que leva hasta as mismas tinieblas, donde habita o ser máis villano.
Falan que a naturaleza, a escultora perfecta, quixo faser aquí súa ultima obra, mezclando belleza e terror.
Di aljún vello lobo de mar, que cando a niebla e tan espesa que non se ven os pes de un mismo, ao lexos sempre se ve un cachiño da cúpula do faro Vilán.
Que a súa sirena en nuites de niebla e borraxeira oise no confín do mundo.
Documentados están cen naufragios nesta costa, todos arredor, pero ningún na falda de seu monte.
Aljún osado que subío á torre en días de temporal, di que se valancea como corpo de bailarina, que susurran seus cables, e que rinchan suas portas.
Din os cachondos que na súa explanada mil cen fillos se enjendraron, tres mil parexas prometéronse e seis mil vírgenes se desangraron.
Os idealistas predican que en seu afán de avisar aos mariñeiros de que e a costa máis tenebrosa, o mar esculpío a costa con forma de moustro villano.
As mulleres din que súa figura fui pensada pa facer encaixe, e outras din que o primer encaixe fui a figura do Vilán.
Escribíolle o escritor e cantoulle o cantaautor, mil historias e mil cantares.
Fotografiou o visitante mil veces o que nunca se imaginou encontrar.
Narrou aljún romántico que non satisfeito o seu escultor ca obra feita, o rodeou con bonitas plaias e majestuosos montes, grandes dunas e verdes pinales.
De todos é sabido que a luz de súa torre fui a primeira, seu túnel o segundo, súa sirena a terceira, súa altivez a única.
Que solo seu radiofaro chegaba ás Américas, e din que era pa recordar a seus emigrantes quen os esperaba.
Dixo Manuel Rivas do Villano que sería o mellor escenario pa representar a gran ópera do mundo.
Relatou aljún que querendo ser o máis saliente e hermoso, parío o Villano o islote do Vilán.
Aljún iluso presume e escupe que son casualidades tanta hermosura e bravura.
Catro osados, quixeron comparar a perfección que mezcla a naturaleza e a man humana, con figuras de martillo e cincel.
Falan de que é o orgullo da nosa emigración, que aljún presume sin ser e que aljún quer ser sin conocer.
Quizás todo sea mentira.
Quizás o intrépido non lle teña medo as súas aguas.
Quizás o audaz se atreva a desafialas.
Ou quizás o atrevido dirá que non é pa tanto.
Quizás o embaucador diga que non é tan atroz.
Ou quizás o valiente se atreva a disputalo.
Quizás tan solo sea ruta de navegantes.
Quizás non se lle aprecie o que ofrece.
Quizás o inútil non lle vexa proveito.
Ou quizás o incrédulo intente ignoralo.
Quizás esté en sitio equivocado.
Porque quizás outros coronaríano.
Quizás a envidia non sea tan sana.
E quizás os celos fan cejo ao vidente.
Quizás os contos son solo contos.
Ou quizás as leyendas son solo eso.
Quizás tan solo as nosas son falsas.
Ou quizás solo valen as escritas.
Quizás un día algún goberno o aprecie.
Ou quizás nazca aljún con dous dedos de frente.
Quizás os idiotas se volvan sabios.
E quizas aljún día os sabios miren a súa espalda.
Quizás un día aljén se dea de cuenta.
Quizás, eu …… aljún día o vexa.
Comentarios
ENCANTANME!!
FACEDES MAJAS E LISTO
BIKIÑOS
Estoy sorprendido con estas fotos
Me gustaría ir en alguna ocasión por esas tierras
Espero muy pronto pode visitar Camariñas
dende ti Vilan,Vilan
aqui nun mar tenebroso,
tristura invade o seran
ollar po xigante fermoso.
Mais o xigante que alumia
os que pola auga van,
lostrega e fai de guia
dende o monte do Vilan.
Ponse ledo na mañan
cos cantis a sua beira,
ollando dende o Vilan
a sua costa de reira.
En tres palabras traducido
lo escribo en castellano,
y todo esto resumido
HERMOSO FARO VILLANO
Jrasias a todos por ser como sodes, jrasias. A historia desta vila escribídela vos. Está nas vosas mans o futuro de camariñas.
Todo o que fasemos nesta vida ten repercusión na outra e por eso, vos quixen cambiar a musica deste video do Vilán para que, mentras escuitades esta melodía nova do video leades o que escribío Juan Camariñán. A min chejoume unha ves... pois eso, todo o que fasemos en camarinas.eu espero que quede inmortalizado para sempre en aljún sitio, sobre todo a amistad que nos une. Este reportaxe vai por ti Soto porq solo ti o fixeste posible.
P.D: pouco nos faltou pa caer despeñados polo barranco abaixo cando sacábamos as fotos pero, ao final, a pesadilla (ou o soño) non se fixo realidad, aljún día se fará.. espero.
Gelinita eu creo que estes rapaces con capaces de superar esto, sino al tiempo...
ENHORABUENA.
Antonio
Parabens.
PD: perdon a todos os sabios, cultos, culturetas e culturistas da costa por escrivir estas palavras como as redata Juan Camariñán: o millor escritor do pobo de camariñas e da costa da morte. eso sin subvencións. si cheja a telas...!!! Porque ahora para ser un bo escritor tes que ser, xa de anteman, consecuente cas ideas nacinal-sociali stas do novo reximen e, sobre todo, ser un tipo engañador, e que vive do cuento. he dicho!
Luchade pola xente que vale mon solo polos votos joder!!
Feliz 2.000.000 de visitas!!
Gracias.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.