- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Reportaxes de Camarinas Reportaxes de Camarinas
- Created: 20 Mai 2008 20 Mai 2008
Un documento xornalístico excepcional

Portada do 1º número de O Faro de Camariñas
Hai uns días caío nas nosas mans nesa permanente caixa de sorpresas chamada Café Bar Arnela unha xoia bibliográfica difícilmente catalogable: o histórico primeiro número de O Faro de Camariñas, "Boletín do Casino Recreo de Camariñas", confeccionado con ocasión das Festas do Carme de 1981 e que reflexa fielmente o ambiente de ilusión e esperanza co que a Vila das Palilleiras encaraba unha década chamada a ser crucial no seu destino, a dos oitenta, ambición e esperanza que aparecía reflexada mellor que nadie polos éxitos nos terreos de xogo de toda Galicia da posiblemente mellor plantilla do Camariñas F.C. de toda a historia, a de finais dos setenta e comenzos dos oitenta, a cal acababa de conseguir o ascenso á Categoría Rexional Preferente. Redactado pola man experta de Xosé Luis Blanco Campaña e tendo detrás todo o apoio dun pobo volcado con esta iniciativa xornalística, este periódico pioneiro en Camariñas é obxecto dunha reportaxe co selo de calidade indiscutible da web líder da Costa da Morte.

O Faro de Camariñas céntrase especialmente nas xestas deportivas do mellor Camariñas C.F.
O Faro de Camariñas de 1981
Hai uns días caío nas nosas mans nesa permanente caixa de sorpresas chamada Café Bar Arnela unha xoia bibliográfica difícilmente catalogable: o histórico primeiro número de O Faro de Camariñas, "Boletín do Casino Recreo de Camariñas", confeccionado con ocasión das Festas do Carme de 1981 e que reflexa fielmente o ambiente de ilusión e esperanza co que a Vila das Palilleiras encaraba unha década chamada a ser crucial no seu destino, a dos oitenta, ambición e esperanza que aparecía reflexada mellor que nadie polos éxitos nos terreos de xogo de toda Galicia da posiblemente mellor plantilla do Camariñas F.C. de toda a historia, a de finais dos setenta e comenzos dos oitenta, a cal acababa de conseguir o ascenso á Categoría Rexional Preferente. Redactado pola man experta de Xosé Luis Blanco Campaña e tendo detrás todo o apoio dun pobo volcado con esta iniciativa xornalística, este periódico pioneiro en Camariñas é obxecto dunha reportaxe co selo de calidade indiscutible da web líder da Costa da Morte.
Este documento histórico excepcional estivo custodiado ata o de agora polo usuario e amigo de camarinas.eu, Manuel Soneira Tajes, "Manolo do Panadeiro", mítico central de garra e coraxe do posiblemente mellor Camariñas que se vío nos terreos de xogo: aquel que durante tres temporadas estivo codeándose cos mellores equipos de Galicia na Rexional Preferente. Foi el o que moi amablemente nos fixo chegar este exemplar no que o primeiro que destaca é o nome do encargado de confeccionar o Boletín do Casino Recreo de Camariñas, e que non é outro que o noso tamén querido usuario Xosé Luis Blanco Campaña, Cronista Oficial da Vila xa naquela lonxana data de xullo de 1981. Ademáis da colaboración especial dunha persoa que deixou unha huella imborrable na nosa vila, como seguramente recordarán os que xa ronden a cincuentena, o polifacético Jesús Cantalapiedra Bares (escritor e periodista), o citado número tivo como colaboradores entre outros a Manuel Barcia Canosa, Andrés Cerdeiras Lemus, Juan José Rego González, Ruperto Mosquera Rey, María Elba Barcia Alborés, etc...


Entrevista a Vicente Carril
Presidía o Casino naquela época Vicente Carril Lema que compaxinaba o cargo co de Presidente do Camariñas C.F., e que é obxecto dunha entrevista por parte de Xosé Luis na que recordaba que o Camariñas no tempo récord de tan só cinco anos dende a súa fundación e estreo o día do Carmen de 1976 nun partido contra o Malpica no que se gañou ("non sei por canto"), xa chegara á Rexional Preferente e que aspiraba ao ascenso á Terceira Rexional. Tamén ten unha lembranza para o adestrador daquel equipo de lenda, Juan José Rego González, do que di "morre polo equipo. Ten grandes coñecementos como preparador físico, vai cos xogadores a tódalas partes e, mentras el queira, estará ao frente do equipo". Vicepresidente daquel Camariñas era Manuel Trillo Lemus, Secretario Ramón Canosa Canosa e Tesoureiro Faustino Suárez Martínez. Non está de máis recordar o nome dalgúns dos xogadores mási carismáticos daquel equipo que cubrío o nome de Camariñas de gloria: ademáis do xa mencionado Panadeiro, Pichurri, Camuel, Pereira, Gamela, Lalá ou Ramón Vigo Canosa, entre outros.
Na terceira páxina do citado boletín destaca un artigo de opinión firmado por Xosé Luis Blanco Campaña titulado "Polo artigo segundo", no que lembra precisamente o artigo 2º dos Estatutos do Casino, xa que segundo el terían que ser os principios alí recollidos os que presidisen as actividades do mesmo: "fomentar la unión entre el vecindario, al par que la cultura y recreo de todos sus socios, para lo cual podrá celebrarse en sus salones: bailes de sala o de disfraz; funciones teatrales; conciertos; conferencias; reuniones familiares; recepciones o cuantos recreos sociales sean propios de la sociedad, permitiendo también los juegos lícitos". Tamén Ruperto Mosquera Rey ten un recordo para "un camariñán inventor", o seu tío Pepucho (Xosé Mosquera Pérez), inventor do Halador do Palangre con todo o avance que elo supuxo e de simplificación da dura vida dos mariñeiros. Pero entre as colaboracións estelares destaca a de Antonio Velo Fernández, Cura Párroco de Camariñas, autor dunha impresionante oda de homenaxe escrita en prosa adicada á Virxen do Monte, que se complementa ca escrita en verso polo antigo Secretario do Xuzgado de Paz Jesús Cantalapiedra Bares.
Finalmente só cabe engadir que para lograr o financiamento desta maravilla periodística chamado "O Faro de Camariñas", o sector empresarial da Vila dos Encaixes volcouse como nunca, e así xunto a negocios que actualmente aínda seguen existindo como Ricardo Más Farto, Industrias Cerdeimar, Restaurante O Meu Lar, Farmacia Oriente ou Bar Victoria, colaboraron xenerosamente outros que xa non están entre nos: Cafe Bar Plaza (Aperitivos e Merendas, Chocolate con churros), Librería e Floristería O Areal, Cafe Bar Miramar ou Bar do Pescador (servicio día e noite), por só citar uns poucos. Que foi unha gran iniciativa aínda lembrada con agarimo no pobo de Camariñas a día de hoxe, ben o sabemos todos. Que fui unha gran pena que non tivera a continuidade tan básica e necesaria para a nosa vila, tamén. Pero vintasete anos despois, aínda que fora para cubrir parcialmente o oco deixado polo "Faro de Camariñas", chegou unha páxina web chamada camarinas.eu chamada a reinar sobre toda a Costa da Morte e que calqueira día destes vai a chegar ao millón de visitas. Seguro que todos aqueles que participaron na confección desta xoia bibliográfica sentiríanse moi orgullosos da digna continuación do seu legado.
Comentarios
Grasias a Diego y compañia.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.