- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Reportaxes de Camarinas Reportaxes de Camarinas
- Created: 14 Abril 2008 14 Abril 2008

Unha viaxe por río ata A Ponte do Porto
Camarinas.eu embárcase nunha viaxe por río ata a Ponte do Porto chea de perigos e aventuras na que chegou a atopar dende uns xóvenes practicando esquí acuático ao son do "Satisfaction" dos Rolling Stones ata a unha parella que facía prácidamente o amor baixo o sol da tarde nunha lancha. Pero o que sen dúbida pasará á historia das reportaxes de camarinas.eu é un xenial vídeo cun comenzo espectacular que fará tremer os cimentos do sétimo arte. Aínda que o pareza, o vídeo non foi rodado en Miami, senón na mesmísima Ría de Camariñas.

Na canicular tarde do sábado 5 de abril de 2008 a redacción de camarinas.eu decidío, a semellanza da lexendaria novela do escritor inglés de orixe polaca Joseph Conrad "El corazón de las tinieblas" e da súa inmellorable versión cinematográfica "Apocalypse Now" (Francis Ford Coppola, 1979), remontar o curso dun río. Non íamos, como nas dúas obras anteriores, na búsqueda e captura de Kurtz, entre outras cousas porque xa o levábamos a bordo: Walter E. Diegonet (léase carta do Director de camarinas.eu, do 16 de xaneiro de 2008). O que nos animaba era explorar o curso do principal río do Concello de Camariñas, o Río Grande, e redescubrir o que durante centos de anos foi o principal nexo de unión humano e comercial entre dúas vilas veciñas e irmáns como son A Ponte do Porto e Camariñas.
A singladura fluvial foi prácida e exhuberante: por momentos tíñase a sensación de estar embarcado na lancha de guerra que levaba ao Capitán Willard a través da fronteira entre Vietnam e Camboia dada a violenta e salvaxe vexetación das dúas ribeiras do Río Grande na súa desembocadura. Nada máis arrancar dos pantaláns do muelle de Camariñas, surxe o primer paralelismo ca mítica película: uns xóvenes que están a practicar esquí acuático. Máis adiante, e tras ver a tres preciosas sirenas que estaban a aproveitar o día de praia en Lingunde, atopamos na Vasa a unha parella de namorados que desfrutaban a conciencia dos praceres da carne nunha lanchiña baixo o ceo soleado e infinito. Bordeando os postes da Praia de Xaviña, a través do canal, adentrámonos nunha verdadeira xungla de manglares e vexetación que por momentos parece que vaise botar enriba do indefenso "Cirros", que para non embarrancar nun banco de area ten que refrenar as acometidas dos seus impetuosos 200 cabalos. A marcha continúa bordeando o illote de aluvión que a forza do río hai longos anos fixo brotar frente a Dor. Finalmente, e tras asistir o espectáculo inigualable de presenciar o castelo e muiño de Cereixo dende o río, no astillero da Ponte espéranos no dique seco o "Muro de Fontán", barco dos irmáns Campaña Pensado, un dos mellores do porto de Camariñas, que sen dúbida fainos lembrar aqueles días idos nos que o noso porto estaba inundado de espectaculares embarcacións. Despois, só nos quedaba contemplar a fermosura pétrea da Ponte milenaria.
A conclusión que un redactor saca desta humilde singladura fluvial é que alguén (tal vez un xubilado cunha embarcación adecuada) debería pensar en crear, aproveitando as mareas cheas do verán, unha ruta turística entre Camariñas e a Ponte do Porto para que o gran público (camariñán, porteño e foráneo) non se siga a perder un dos maiores espectáculos e praceres que a día de hoxe pode un desfrutar nesta vida: unha singladura fluvial polo do Río Grande. O gran descoñecido do Concello de Camariñas.

Cando en Camariñas se fala do río de Ponte, fálase por cuestións mariñeiras do canal que por el transcurre, e que solo por el se pode subir río arriba hasta chejar hasta mismo o puente milenario que en este pobo se divisa desde calquer recuncho. Por este canal subiron centos de jabarras a carjar de madeira; por este canal tamen subían a remo os mariñeiros de noso pobo a vender o peixe que collían nos seus aparellos; por este canal subían a abrigarse dos temporales toda a flota camariñana e muxiana, antes por suposto da mellor obra de este pobo… a escollera; por este canal baixou o Ponte do Porto, o barco máis fermoso que reinou en esta ría, mescla de bergantín e carguero, por este canal subiron e baixaron todos os barcos de noso porto hasta o mítico astillero Porteño; en este canal existe unha plaia a que lle chaman a do desjuase, alí estaba o cementerio dos barcos que xa tiñan a madeira valdada e resentida como cansado lobo de tanto jolpe de mar; este canal dou e da comer a casi 120 personas, brindándolle unhas ameixas, uns machos e uns berberechos que posiblemente sean os máis sabedores de toda Galicia; tamén en este canal alá polo final donde o río se mezcla ca mar salada, érguese desde o fondo marino un monte de area chamada a Barra, alí mismo é donde o rey Río Grande cobrouse por desgracia de nosos mariñeiros o seu tributo, tributo de Dioses en forma de vidas humanas. Grande é seu nombre, e grande fai que sea a nosa ría, a RÍA DE CAMARIÑAS.
En Camariñas existe un dito que fala de que un día o Sr Benito levaba río arriba o seu barco cara o astillero Porteño, o experto patrón iba acompañado de un rapás nobel en esto do canal, o chaval impresionado vía como o patrón subía o barco río arriba como trucha experta, dando pequenos jolpes de timón a babor e a veces a estribor cunha man no timón e outra pola ventanilla pafora e silbando unha habanera gobernaba o Sr Benito o seu cascado barco de color negro chapapote pintado. Xa chejando a o final da setárea do Vasco, donde as marcas dos troncos paran de señalizar o mencionado canal, o chaval díxolle ao patrón – Señor Benito von pa proa e díjolle por donde vai indo o canal- o Sr Benito alzou a cabesa e contestou -quieto rapás, que eu subín por este canal mil veses, conósoo cos ollos serrados-. Bueno, dixo o rapas. Ao pouco virando pola plaia do desjuase, sentíose un jolpe en seco e o barco quedou varado na area, o rapás todo asustado jritou - !! que pasa patrón !! – e o Sr Benito dixo – nada rapás nada é QUE DE TANTO QUE SEI XA ME ENGAÑO.
Galería fotográfica da singladura
Comentarios
Colillas, dalle volta a lancha e levame pa casa.
IMPRESIONANTE.
No comprendiamos lo que nos rodeaba,nos deslizábamos como fantasmas,sin dejar de hacernos preguntas y secretamente abatidos....... .......no podiamos recordar porque nuestro viaje atravesaba la noche de los tiempos.....
....aquella tierra no parecia terrenal.Estamo s acostumbrados a verla en su forma civilizada, domesticada, pero allí, allí el monstruo está en libertad. No, aquella tierra no era de este mundo, y los hombres eran....."Pax 81.
Fermoso reportaxe, belidas imaxes, pero O CORAZON DAS TENEBRAS é outra cousa.
Un saudo
Fermoso reportaxe,belid as as imaxes
Túa afellada.
Increíble.
sondes uns bos rapaces, seguide así polo ben de Camariñas-
gracias por amosarnos ós que non podemos ir de Camariñas a Ponte do Porto en barco a maravillosa singladura...
¡éntranme unha ganas tremendas de comprame unha lanchiña...!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.