- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Reportaxes de Camarinas Reportaxes de Camarinas
- Created: 31 Marzo 2008 31 Marzo 2008
Retomando un tema xa apuntado nunha das seccións dos nosos colaboradores, esta redacción faise eco dun acontecemento ocurrido o 13 de agosto de 1943 e que situou a Camariñas no ollo do furacán da Segunda Guerra Mundial. A redacción de Camarinas.eu retoma a vía da investigación cunha reportaxe co selo de calidade característico da web máis importante de toda a Costa da Morte.
Na prácida mañán do 13 de agosto de 1943 ninguén no tranquilo pobo de Camariñas podía imaxinar o inferno que se desencadeara unhas poucas millas para fóra do Vilán. O bombardeiro tetramotor antibuque da Luftwaffe (Exército do Aire alemán) Focke-Wulf FW 200 Cóndor pilotado polo comandante Seide, que operaba illadamente na zona do Vilán, tras avistar un buque dragaminas norteamericano estaba a ametrallalo sen piedade, cando no horizonte aparecereu un escuadrón de cazas ingleses que foron a por el, entablándose un duro combate aéreo e no que unha vez agotada toda a metralla polo bombardeiro alemán, dou comezo unha persecución implacable da que a duras penas poido fuxir o avión alemán Focke-Wulf. Este, gravemente ametrallado e con dous dos seus catro motores averiados, decidío buscar terra para aterrizar de emerxencia, indo, depois de trazar un par de círculos sobre Camariñas, a empotrar o morro da súa nave nun maizal próximo á praia de Area da Vila, máis ou menos no lugar onde hoxe está casa de Don Ricardo, o durante longos anos profesor do Colexio O Areal.
Non era ésta a primeira noticia directa que tiñan os veciños da Vila dos Encaixes da Segunda Guerra Mundial. Dous hidroavións alemáns xa se viran obrigados a amerizar en 1942 nas augas da Ría de Camariñas, e pouco antes do suceso do 13 de agosto, o petroleiro da Marina de Guerra Alemana Nord Atlantic (coñecido popularmente como "o barco do gas") que facía labores de abastecemento para os submarinos do Eixe, perseguido e acosado pola aviación aliada entrou de urxencia na Ría buscando refuxio, embarrancando no baixo coñecido como "Quebrantas do medio" próximo a Muxía, sembrando toda a ría de miles e miles de litros de gasoil.
Contan os testigos que cando os camariñáns sobre as 16:30 horas daquel 13 de agosto viron no ceo aproximarse un avión tetramotor sen rumbo e ferido de morte cos ocos do ametrallamento ben visibles por todo o costado, tivo lugar unha fuxida en masa debido ao medo que inspiraban as posibles bombas que levara a bordo o bombardeiro alemán. Pero uns poucos valentes alí quedaron, entre eles a nosa testemuña, e poideron ver como, unha vez producida a colisión, sete tripulantes, dous deles feridos, baixaban do avión siniestrado, os cales seguindo sen dúbida o protocolo de actuación establecido ao efecto polo exército alemán, inmediatamente procederon a queimar os seus documentos persoais e a romper tódolos aparatos de alta precisión que portaba a aeronave para así evitar que poidera caer o seu secreto militar en mans alleas.
Non se debe olvidar que a estas alturas da guerra, agosto de 1943, a sorte do III Reich Hitleriano estaba xa botada. Trala aniquilación en febreiro do mesmo ano do VI Exército do Xeneral Von Paulus cos seus máis de 300.000 homes en Stalingrado a mans do Exército soviético, o desembarco e conquista de Sicilia en xullo polos Exércitos norteamericano e británico, e que pouco antes a comezos dese mesmo mes na maior batalla de carros blindados e tanques da historia, a Batalla do Arco de Kursk, onde na abrasada estepa rusa 18 divisións mecanizadas e motorizadas do Reich foron destruidas sen piedade, a terrible maquinaria bélica xermana era pouco máis que un morto viviente. Debido ó anterior, o Réxime do Xeneral Franco mostraba síntomas de querer desfacerse dunha amizade xa demasiado perigosa e imprimío un xiro radical de 180 grados na súa política exterior tendente a reforzar a neutralidade de España.
Un dos sete tripulantes que baixaron aquel día de verán do tetramotor siniestrado era unha persoaxe clave nesta reportaxe: Gerhard Drews. Xove de 25 anos que dende a súa máis tierna infancia tivo inclinación pola vida militar, iniciándose na Armada para pasar posteriormente ó Exército do Aire, a mítica Luftwaffe comandada polo orondo Hermann Göring. Drews fixo na aviación toda a guerra dende o seu inicio ata o final, participando nun total de 401 misións, cun promedio de duración de oito horas cada unha, 200 das cales tiveron lugar sobre o Atlántico. A pesar de que ata en sete ocasións se vío obrigado a facer aterraxes de emerxencia, ben por sabotaxe, ben por combate, Drews recordará toda a vida o realizado en Camariñas debido a que era o único que presentaba unhas posibilidades mínimas de salvación debido a inadecuación do terreo (o barranco que separa Area da Vila de Lingunde) e que éste derivaba dun cruento combate sostido en alta mar. Ademáis en Drews sempre pesará a hospitalidade e cariño que o pobo de Camariñas tivo cos sete aviadores alemáns, dous deles feridos leves, sen dúbida debido ao influxo que a propaganda franquista, ata entón xermanófila, exercera sobre a opinión pública española.
En Camariñas, os aviadores coincidirán ca tripulación do buque Nord Atlantic, a cal estaba a pasar uns prácidos días na nosa vila hospedados na fonda de Campos e na panadería de Carmen Rego. Sen embargo, non era ese o destino que aguardaba ós aviadores. Sobre as 23:30 chegan uns camións da Garda Civil que os evacúan de urxencia cara A Coruña, onde pasan un par de días para posteriormente ser trasladados a Valladolid. Na cidade do Pisuerga estarán un mes que deixa moi gratos recordos no noso piloto, sendo despedidos de forma entusiástica pola poboación vallisoletana. En Madrid aínda terán que esperar un mes ata que, unha vez resoltas tódalas dificultades plantexadas polas autoridades españolas, marchan finalmente para Burdeos, na Francia ocupada pola Alemania nazi. Reincorporado ás tropas do aire, Drews servirá o resto de guerra en Escandinavia e Austria onde o sorprende o 9 de maio de 1945, día da firma da rendición incondicional de Alemania. Capturado polo exército ruso, acontece unha milagre e logra fugarse. Desmovilizado, Drews marcha a reunirse ca súa nai en Schwerin, na rexión de Mecklemburgo-Pomerania Occidental, no norte de Alemania, a uns 80 kilómetros do Mar Báltico. Por outra parte, os restos do avión siniestrado son desmontados por persoal español e transportados á Base aérea de León, intentando as autoridades alemanas por conducto diplomático a súa devolución, a cal é denegada, procedéndose polo tanto á venta do avión ás autoridades españolas, nas cales servirá como avión de IBERIA.
Aquí remataría a historia se non fora porque un día de setembro de 1969, vintacatro anos despois, recíbese na Casa no Concello de Camariñas unha carta enviada dende Dusseldorf, daquela República Federal de Alemania, onde un tal Gerhard Drews solicita información sobre un Focke Wulf 200 Cóndor caído nun maizal da vila. Curiosamente no Concello traballa como funcionario un dos poucos valientes que aquel histórico día controlaron o medo e a pe de praia asistiron aos feitos, Juan González Canosa (Juan do Andaluz), o cal recorda punto por punto todo o acontecido aquel 13 de agosto de 1943. Posto en contacto con Drews, éste invítao a Alemania a unha viaxe de 10 días a gastos pagos. Así, en febreiro de 1970 Juan do Andaluz desembarca no aeroporto de Dusseldorf (Renania del Norte-Westfalia) onde a pe da escalinata o espera Gerhard Drews e unha intréprete de español.
Alí entérase de que durante todos estos anos aquel xoven e experimentado piloto alemán que unha tarde de agosto do 43 escapou da morte en Camariñas por un pelo, convertíose nun importante empresario que posee dúas inmensas fábricas de plástico nas inmediacións de Munich, un iate de recreo, unha avioneta, seis coches de alta gama e é membro de importantes Clubs deportivos e Asociacións culturais. O máis sorprendente resulta ser que agradecido polo trato recibido da poboación de Camariñas, ten intención de devolver aquel cariño en forma de importante fábrica de plásticos que dea 300 postos de traballo directos, comprometéndose asimesmo a construir vivendas axeitadas para os mesmos, ata o punto de asegurar que "non descansarei ata que consiga a instalación da fábrica e que elo repercuta no beneficio dos traballadores de Camariñas" (tal e como se fai eco a información publicada na portada de "El Ideal Gallego" do sábado 20 de marzo de 1971).
Despois do exquisito trato recibido en Dusseldorf por Juan do Andaluz de mans de Drews, a súa secretaria, a intréprete e demáis persoal, comenza un intercambio epistolar entre ambos, nos que a proxectada viaxe de Herr Drews a Camariñas vese frustrada unha e outra vez por motivos diversos (a boda do Sr. Drews, unha inoportuna intervención médica), ata que un día o seu rastro pérdese no tempo.
E a dúbida que plantexa toda esta historia é se estamos ante un exemplo máis do destino fatídico e adverso que persigue á Vila de Camariñas e que frustra importantes iniciativas que poderían cambiar o seu sino fatal, como aquel día en que o Laxeiro estivo a piques de inventar o fueraborda no Poso do Muelle, ou se simplemente estamos ante outro desos timos nos que recurrentemente cae o pobo de Camariñas, tais que a primeira Salmonera ou o tema das eólicas.
P.D.: esta redacción quere agradecer especialmente a colaboración en material e tempo aportada por unha institución clave na historia do municipalismo no Concello de Camariñas, como é Juan González Canosa, máis coñecido como Juan do Andaluz, sen a cal esta reportaxe non sería posible.

Comentarios
e o deste piloto fui unha pena, porque Camariñas hoxe podía contar con unha jran fábrica e ter comarea de empleados,pero a vida e así,temonos que joder.Mui boo reportaje,e o que tiña estes fotos u ole por él.
Enhorabuena Diego y gracias por narrar de forma tan meticulosa esta histórica información.
Un cordial saludo;
Fran Rodríguez.
PD: Por otra parte, me congratula ver que toda la documentación guardada durante años con todo el cariño y cuidado por Juan del Andaluz ha tenido (¡a estas alturas de su vida!) semejante recompensa, porque nadie en el mundo lo podría haber hecho mejor.
Por outra parte, paréceme extrordinario a labor que estades facendo nesta web, realmente é un exemplo de traballo e de amor pola terra.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.