- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Reportaxes de Camarinas Reportaxes de Camarinas
- Created: 13 Abril 2013 13 Abril 2013
O conxunto arquitectónico do Mausoleo de Gur-e Amir, enclavado na cidade uzbeka de Samarkanda, constitúe ao decir dos entendidos unha das sete maravillas da Humanidade. Coronado pola súa grandiosa cúpula de doce metros de altura e quince de diámetro, elaborada por unha constelación de azulexos de cor azul celeste sobre fondo de ladrillos de terracota, caracterízase por albergar a tumba do Emperador Timur, o home que entre 1382 e 1405 ao fronte dos seus exércitos e a través dunha sucesión de campañas militares dunha crueldade inaudita conquistou toda Asia Central, dende China ata Turquía, dende o actual Kazajstán ata a India. Unha antiga lenda uzbeka predixera que aquel que osara profanar o sepulcro despertaría aos demos da guerra e aos tres días o mesmísimo Tamerlán voltaría da morte para sumir ao mundo nun apocalipsis de violencia e destrucción. O 19 de xuño de 1941, un equipo de arqueólogos soviéticos liderado por Mijaíl Guerasímov atopaba a tumba de Timur e nunha operación que chegou a requerir a autorización do propio Stalin, exhumaba os seus restos. Na madrugada do domingo 22 de xuño de 1941, 225 divisións alemanas, rumanas e eslovacas, máis de catro millóns de soldados, invadían a Unión Soviética. Daba comenzo a maior masacre de tódolos tempos.
Cunhas intencións semellantes ás do sanguinario conquistador mongol, as de construir un mausoleo co que ser lembrado durante os séculos vindeiros, cunhas consecuencias igual de catástróficas, alomenos no aspecto financieiro, corría o ano 1999 cando Manuel Fraga Iribarne daba orde directa ao seu Conselleiro Jesús Pérez Varela de iniciar a obra ca que pensaba pasar á posteridade: a Cidade da Cultura, enclavada no Monte Gaiás. A maior masacre económica da historia de Galicia xa estaba en marcha. Co pasar dos anos ata 400 millóns de euros serían enterrados nun monte desolado, barrido polos ventos, do extrarradio de Santiago de Compostela, unha cantidade tal que daría para vivir sin dar pau durante polo menos 400 millóns de anos a toda a reducida secta fanatizada de zánganos aprejeseirados que parasitan dentro do PP de Camariñas. O que estaba chamado a ser o exemplo definitivo e acabado dunha novedosa concepción museística inaugurada polo Guggenheim de Bilbao onde é máis importante o continente que o contido: a arquitectura en canto espectáculo en si mesmo. A que sería a homenaxe final á alma pétrea de Galicia e que requeriría a importación masiva de pedra brasileña dado que ao do país non se adecuaba ao carácter da obra, multiplicando por catro o custe da mesma. A que xea os sentidos cando se visita unhas obras inacabadas, con carretillas por alí e andamios por alá, cun conxunto de edificios baldeiros, repleto de esquinas e sombras, que acentúan a xa de por si intensa sensación de frío glacial, que non atopa explicación plausible e que fai que o visitante, na súa condición de contribuinte, se sinta profundamente estafado. Poucas veces se verá unha malversación semellante de caudales públicos, contraria a todo principio de economía, eficacia e eficiencia, así como do máis elemental gusto. Un horror arquitectónico para o que non se atopa explicación nin consuelo.
Recentemente nunha entrevista no diario El País un arquitecto galego de certo renome lembraba que ao pouco de ser elexido o proxecto de Peter Eisennman, informara nunha serie de escritos sobre o carácter utópico, imposible na súa realización, da obra. A resposta da administración Fraga non se fixo esperar: quedou definitivamente apartado para calquer contratación pública da Xunta de Galicia. Amigo persoal de Emilio Pérez Touriño, unha vez que este chegou ao Goberno autonómico á fronte do bipartito, reincidío nos seus escritos de denuncia. Elo levou ao que o daquela Presidente galego chegara ao extremo de retirarlle o saúdo e continuara afastado de toda contratación administrativa da Xunta de Galicia. De xeito semellante aos fillos de Timur, Shahruj e Miran Shah, o su neto Ulugh Beg e o Sultán Muhammad, todos os cales xacen a carón do cruel líder mongol baixo a cúpula celeste de Gur-e Amir, os líderes do bipartito, Touriño e Quintana, tamén aspiraban ao seu anaco de posteridade no Mausoleo do Monte Gaiás e non só mantiveron senón que incrementaron o ritmo desaforado de gasto dun proxecto desquiciado por eles longamente criticado durante o seu periplo previo na oposición. A tan letal e nefasta ansia de inmortalidade dos políticos, que tan cara soe saír aos bolsillos dos contribuintes. E así se malgastaron ata 400 millóns de euros para a nada máis absoluta que un contempla entalado de frío unha furacanada mañán barrida polos ventos de abril de 2013. ¿Cantos hospitais, cantas carreteras, cantas redes de saneamento pendentes como a de Xaviña se poderían construir ca mentada fortuna dilapidada?
Conta a lenda que ao redor dun ano e medio despois da exhumación dos restos do sátrapa que chegou a formar un imperio de oito millóns de kilómetros cuadrados en Asia Central, máis ou menos en xaneiro de 1943, e novamente por orde directa de Stalin, arqueólogos soviéticos procederon a devolver os restos de Timur á tumba na que xacera apaciblemente durante catro séculos xunto as forzas destructivas ás que daba acougo. Aos poucos días o VI Exército alemán do Mariscal Von Paulus rendíase en Stalingrado e dábase inicio á viraxe definitiva da sorte da Gran Guerra Patriótica. De xeito parecido quedará asemesmo para a lenda que correndo o mes de marzo de 2013, quen sabe si seguindo o consello do seu entrañable amigo Marcial Dorado, o Presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo ordeaba ao seu grupo político votar a favor da paralización definitiva das obras da Cidade da Cultura e que os dous edificios pendentes de execución para dar ao conxunto a forma definitiva de vieira ideada por Peter Eisenmann, quedaran sen construir, nunha decisión que só en indemnizacións á empresa constructora suporá 20 millóns de euros. A decisión chegaba tarde: ao igual que o acontecido ca exhumación do Mausoleo de Timur O Magnífico, as forzas destructoras postas en marcha ca decisión tomada por Manuel Fraga un infausto día de 1999 xa cumpriran o seu cometido.
Comentarios
Estaban a falar, por aquel entón, de que un quilometro dunha determinada autopista, tiña un custo de CEN MILLÓNS DE PESETAS…
E, houbo que dixo; se lle dan a Farruco, o lagoeiro-limpa cunetas, tan só duas mil pesetas ó mes, faina el mellor, e de contado…
Por iso, aínda teño certas esperanzas de que alguén colla ese carretillo que vemos medio destartalado, e remate a obra faraónica que algúns non poideron finiquitar por falta de cartos. Cartos que fuxiron asubiando no tren do olvido.
Antonio Puertas
Un saudo,Sr.Moncho e demais comentaristas e lectores.
El pueblo está más necesitado de trigo y de trabajo, que apenas hay, que de obras megalíticas, que se pueden posponer.
Las vacas gordas enflaquecieron y ya no tienen pastos donde comer.
Ojala que esta plaga cíclica pase pronto y aprendamos todos de ella.
Hay que almacenar trigo, cuando hay abundancia, y no malgastarlo; porque pronto se vacían las arcas y cuesta mucho más volver a llenarlas, que exprimirlas hasta la extenuación, cuando están llenas.
Un saludo, amigo.
Antonio
PRESIDIDA POLO SEU PRESIDENTE.PRES IDIDA POLO SEU PRESIDENTE.
NON LLE DISCUTO QUE VOSTEDE SAIBA FACER A MISA MELLOR QUE O CURA,PERO NON PODE,ENTENDE,NI N CON TRES MONAGUILLOS
SI NO SE COMUNICAN PARA NADA CON EL GRUPO MUNICIPAL COMO PUEDEN NOMBRAR LA PALABRA COMITE,USTEDES ENTIENDEN ALGO,NO TIENEN SALIDA PORQUE ESTAN PERDIDOS E INSULTAN A LAS PERSONAS,ES LO UNICO QUE SABEN HACER,MEJOR ES NO NOMBRARLOS,CARM EN PRESENTATE A LO QUE QUIERAS Y HAZ LO QUE TE DE LA GANA,ESTAIS INFORMANDO MUY MAL A LAS PERSONAS,MEDIAS VERDADES MEDIAS MENTIRAS,
15.04.2013 Expansión.com
Fernández de Sousa informa a la CNMV de que vendió un 7% del grupo antes del preconcurso de acreedores, hasta reducir su participación al 7,45%. El grupo ha presentado hoy formalmente el concurso de acreedores voluntario ante el juez.
Y VIVA ESPAÑA,ESPAÑA ES LA MEJOR
La dirección de la firma de moda gallega ha anunciado la decisión este lunes al comité de empresa y al conjunto de la plantilla y ha explicado que "obedece a las recurrentes pérdidas de explotación de los últimos años y en particular a la constatación de la caída de las ventas del primer trimestre de 2013".
Y ESPAÑA ES LA MEJOR
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.