Juan Cabrejo “O Mago de Corea” no ESC

Onte, 15 de Febreiro, foi a estrea da oitava entrega do “Eu Son Camariñas” o programa de carácter municipal que da visibilidade aos habitantes máis senlleiros do Concello de Camariñas. Desta volta o protagonista foi Juan Manuel Cabrejo Pasantes exfútbolista profesional e actual  director da escola de fútbol do Concello de Camariñas. Coñecido como "O Mago de Corea”, Juan Cabrejo percorreu diversos puntos de España a desenvolver a súa paixón polo deporte rei que agora narra coa perspectiva dos anos nesta entrevista. Anécdotas, curiosidades, momentos duros e aqueles máis felices vense reflexados nas súas palabras durante a primeira parte desta...

Sétimo Eu Son Camariñas

Onte, martes 21 de Decembro, foi a sétima entrega do programa “Eu Son Camariñas” tendo como protagonista a avogada de Camelle Lucía Baña. Nesta entrevista falou sobre as verdades e os mitos que rodean o seu oficio tan visto nas grandes pantallas e ao mesmo tempo descoñecido no día a día da cidadanía. Tamén percorreu Camelle, onde contou as implicacións de saltar ao traballo por conta propia, as dificultades e ilusións que se atopan na xente nova que trata de crear o seu propio camiño deste xeito. A entrevista completa pódese ver na páxina web https://eusoncamarinas.es/ onde tamén se pode...

Sexto Eu Son Camariñas Paula Esteiro Ramos

Este mércores pasado saía a sexta entrega do programa “Eu Son camariñas”, tras o seu parón de verán, tendo como protagonista a Paula Esteiro Ramos unha camariñá campioa de España na liga de carreiras de obstáculos (OCR). O “Eu son Camariñas” é un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. A proposta consiste en publicar mensualmente na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un destes camariñáns senlleiros. Paula Esteiro Ramos estudou enfermería e traballa no hospital Virxe da Xunqueira dentro do apartado de hospitalización a domicilio e...

Cuarta entrega do "Eu Son Camariñas"

Este martes pasado saía a cuarta entrega do programa “Eu Son Camariñas” tendo como protagonista a Evaristo Antelo López “Ito” armador e patrón da súa propia embarcación, o buque “Apostol”. ...

Estrea da terceira entrega do “Eu Son Camariñas”

Onte, martes 27 de Abril, estreouse a terceira entrega do “Eu Son Camariñas” o programa municipal do Concello de Camariñas que pretende dar visibilidade aos veciños senlleiros das súas localidades. ...