- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Reportaxes de Camarinas Reportaxes de Camarinas
- Created: 07 Novembro 2007 07 Novembro 2007
Mensaxe nunha botella
Na punta do Boi foi atopada unha botella cunha mensaxe escrita en francés
As 13:30 horas do martes 6 de novembro do ano 2007 na redacción de camarinas.eu recibeuse unha chamada dun fiel lector da web máis vista de toda A Costa da Morte na que nos informaba que fora atopada unha botella de auga cunha mensaxe dentro en idioma Francés. Pulsa na imaxe si queres ler tan abraiante historia.
Mensaxe nunha botella

A unidade móvil de camarinas.eu no lugar dos feitos
As 13:30 horas do martes 6 de novembro do ano 2007 na redacción de camarinas.eu
recibeuse unha chamada dun fiel lector da web máis vista de toda A
Costa da Morte na que nos informaba que fora atopada unha botella de
auga cunha mensaxe dentro en idioma Francés.
A estas alturas, é ben coñecido de todos que a fórmula do éxito de
camarinas.eu está baseada na interactividade cos seus lectores. Estes
son o auténtico corazón da nosa páxina web, un corazón que non para de
bombear noticias, consellos e ánimos polas veas informativas do gran
medio de comunicación dos Camariñáns. Estase dando o caso que os nosos
usuarios, personas totalmente enganchadas a unha forma de entender o
periodismo, cando se produce un acontecemento de certa importancia,
chaman antes a esta redacción que á Garda Civil.
Unha vez recibida esta chamada, unha unidade móvil de camarinas.eu desprazouse ao momento ata o lugar onde o noso fiel lector, o cal se encontraba practicando a pesca deportiva, atopara a mensaxe. Esta encontrábase no interior dunha botella de auga de litro e medio que, polo que se vía, estaba moi deteriorada tras pasar por unha longa travesía ao longo do mar. Este lector de camarinas.eu que prefire permanecer no anónimato confiou a botella coa súa mensaxe a esta redacción, a cal inmediatamente acercouse ata a veciña vila de Ponte do Porto para que outra seguidora incondicional de camarinas.eu, a francesa Marie France xunto ao seu marido, coñecido na vila Porteña coma Francisco do Atrevido en honor ao célebre restaurante que durante tantos anos rexentou a súa nai, procederan a traducción da citada mensaxe.

Marie France: Seguidora incondicional de camarinas.eu e traductora improvisada
Tras ler detidamente as palabras escritas no papel que lle entregamos, Marie chegou a conclusión de que a carta, coa data do 5 de Setembro de 2007, estaba redactada con trazos infantís, posiblemente dun rapaz de oito ou nove anos, e de que este presumía que a misiva acabaría varando en territorio español dado que no encabezado da mensaxe aparecía "Holla". A carta está escrita por Romain Chavantre que vive na localidade francesa de Olonne Sur Mer, no departamento da Vendeé, situado na costa atlántica francesa e famoso pola rebelión monárquica que loitou contra o Goberno Xacobino na época da Revolución Francesa, rebelión que foi aplastada en sangue polo goberno revolucionario. Traducido ao español o contido da mensaxe queda, máis ou menos, como segue:
"Amigos playistas (plagistes), pescadores, etc... si de paseo descubrís esta botella gracias por escribirme y yo os responderé con el más grande placer.
Buen viento
Amistosamente Romain."

Posible traxectoria
En todo caso, esta redacción non pode precisar se a botella foi arroxada desde un iate no medio do mar ou dende terra, en Olonne Sur Mer, na costa atlántica francesa. Esta é unha cuestión que deberán dilucidar os expertos oceanógrafos que coñezan o rumbo das mareas. O que si debe salientarse é que esta botella fora a parar precisamente á Punta do Boi, lugar famoso por ser onde, nunha negra noite de 1890 tivo lugar o máis tráxico accidente que se recorda en toda a Costa da Morte, o do buque escola inglés "HMS Serpent" no que morreron 173 homes e únicamente se salvaron tres máis un can. Accidente que recorda a veciña construcción do Cementerio dos Ingleses onde recibiron cristiana sepultura os corpos dos xoves mariñeiros británicos.
Camarinas.eu procederá esta semana a reponder por correo ordinario a Romain Chavantre, dándolle conta do achádego da súa mensaxe e da súa difusión mediática. En calquer caso camarinas.eu seguirá informando aos seus fieis lectores, auténticos protagonistas desta exclusiva, dos seguintes capítulos desta fermosa historia.

Imaxe da carta
Comentarios
Un saudo
Xoan Ferreira
Graciñas por estar d-acordo conmigo referente a noticia da mensaxe,e alégrome de saudarche,ainda que non teña o gusto de conocerche.
Un saudo pra todos e todas.
Xoan
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.