- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Reportaxes de Camarinas Reportaxes de Camarinas
- Created: 30 Outubro 2007 30 Outubro 2007
Con motivo dunha charla sobre a igualdade de xénero que tivo lugar na tarde do martes 30 de Outubro, as alumnas da Escola Taller Aldea Madeira que así o desexaron, fixeron a súa estrea oficial servindo un ágape preparado por elas mesmas a todas aquelas persoas do noso concello que non quixeron perderse tan interesante charla e se acercaron pola Casa de Pedra de Camariñas. Para ler a noticia completa e ver unha pequena galería das máis fermosas camareiras e cociñeiras da Costa da Morte en acción pulsa na foto principal.
As nosas rapazas prepararon uns entremeses suculentos cunha presentación á vista practicamente perfecta, dunha gran beleza plástica, que xa fixeron que o redactor de camarinas.eu comera cos ollos. Despois, o sabor, ¿que imos decir? era como se houbese unha festa na nosa boca e todo o mundo estivera invitado. Desgraciadamente as catro pupilas preferidas de camarinas.eu (Paula, Vanessa, Tania e Pili) non se viron con forzas suficientes para afrontar este reto e por iso preferiron asistir como degustadoras dos exóticos manxares preparados polas súas compañeiras de mandil.
Despois dunha cata exhaustiva o redactor de camarinas.eu, home dun paladar exquisito, e mestre del buen yantar, cunha experiencia atesorada nos máis variados restaurantes, bares e casas de comidas de toda a redonda e máis alá non pode mostrarse máis orgulloso da labor que están a facer os mestres de hostelería e cociña da nosa escola taller. É desexo desta redacción para que no futuro se poideran dar as condicións necesarias que todas estas rapazas desenvolveran a súa labor restauradora no noso Concello, porque iso significaría que Camariñas sería un punto de atracción turística de primer nivel servido por un persoal de alta capacidade profesional, tal e como na tarde deste martes, afortunadamente, este humilde (e famento) reporteiro tivo ocasión de comprobar.
Comentarios
María sales guapisima también!
Un besiño para las dos
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.