- Escrito por zhúkov zhúkov
- Categoría: Reportaxes de Camarinas Reportaxes de Camarinas
- Created: 12 Mai 2010 12 Mai 2010

Unha canle de pedra devorada pola vexetación esmorece xunto ao muiño ao que dou as súas augas
Un patrimonio olvidado de Camariñas
Hai unhas semanas, concretamente o 8 de marzo de 2010, camarinas.eu publicaba unha noticia acerca da restauración dun muiño de auga na parroquia de Xaviña: unha reportaxe acerca da recuperación dun patrimonio que esmorecía no máis total dos abandonos. Xa con anterioridade, no máis crudo do inverno, por intransitables camiños devorados literalmente pola maleza máis salvaxe e por infinitas corredoiras anegadas polas augas dun ano pródigo en choivas, a redacción de camarinas.eu embarcárase na odisea de descubrir o rastro da denominada Ruta dos Muiños: aqueles seis muiños de auga dos que contaban os máis vellos do lugar que existiron un día polo Camiño da Rega, dende o Cotariño ata Area da Vila, e no que fui moído o millo que dou de comer a varias xeracións de camariñáns. Hoxe, a web que reina de maneira incontestable sobre tódalas demáis da Costa Atlántica procede a publicar os resultados da súa búsqueda, a dun patrimonio olvidado do Concello de Camariñas.
Houbo un tempo no que en lóbregas noites de inverno, encarando fríos intensos e temporais de vento e chuvia, a través de corredoiras carentes de luz eléctrica e ca posibilidade de atoparse co oubido dun lobo polo camiño, as boas xentes de Camariñas víanse obrigadas a emprender o Camiño da Rega, ou aqueles que levan ao Lugar do Cotariño, para moer o millo co que cebarían aos animais ou elaborarían o sabroso pan de broa co que alimentar á familia. Eran os tempos nos que reinaban na Vila dos Encaixes os muiños de auga.
Así, no máis intrincado do crudo inverno de 2010 camarinas.eu, ca única axuda dos recordos e indicacións dos máis vellos do lugar e dun canciño sempre presto para percorrer frenéticamente o laberinto de camiños que circunda o núcleo urbano de Camariñas, decidío botarse ao monte na procura da senda perdida dos muiños de auga. Para elo adoptouse unha táctica de búsqueda e error, que conlevaba en ocasións correduiras sin saída, voltas atrás obrigadas, malos pasos que conlevaban pernas enchoupadas ata as rodillas, ou rasguños e pinchazos dunha maleza brava e enfurecida, pero que se vían recompensados cando se daba ca pista boa que levaba a algún dos seis lexendarios muiños de auga que tanto axudaron a tapar a fame atroz dunha Camariñas empobrecida na atrasada España de posguerra.
As orixes de todo este continxente hídrico, abundante e anárquico, hai que buscalo no conxunto rochoso de Penafreu e no alto de Prado, nas proximidades de Reira, de onde descendían as augas surtindo de enerxía motriz á rede de muiños por un fecundo entramado de regatos e riachuelos ata morrer no mar na Praia de Area da Vila. Por elo, o primeiro dos muiños (seguindo un sentido descendente) atopámolo un pouco máis abaixo do Lugar do Cotariño, onde a través dunha maraña de silvas e de toxos se vislumbran as ruinas do que un día foi un muiño dunha soa pedra de moer (característica común a todos os pertencentes á Ruta de Camariñas) e onde o camiño que descendía cara A Rega córtase abruptamente debido a unha maleza que debuxou con man mestra no lugar un horror vacui vexetal. Unha vez reorientados no laberinto viario do monte camariñán e pouco antes que se corte en sentido ascendente o camiño que ven dende A Rega, auténtico fío vector do que depende todo o entramado, atopamos o meirande edificio do conxunto: un amplo muiño equipado no seu día con forno e chimenea e que dispoñía da súa propia canle de pedra (a única que se conserva) pola que discurrían unhas augas xa canalizadas. O estado de abandono e ruina é total, chegando a crecer árbores sobre os escombros nalgúns lugares.
Un rego aberto na terra leva as augas curso abaixo ata un canal de pedra de dous metros de anchura aproximadamente, que encauza o torrente hídrico cara a terceira das construccións: un pequeno rectángulo de pedra, sin teito, devorado polas silvas e que se atopa non lonxe do cuarto muiño: aquel que guarecido por altos muros de pedra mora dentro da ampla finca propiedade de Dona Carmen Pardiñas Infante no Lugar de Agrelo. Este sen dúbidas é o mellor conservado da ruta: sólido, de dous pisos, con fiestras de madeira e na actualidade destinado a outros menesteres, dende o momento en que o progreso técnico fixo aos muiños obxecto do presente estudio inncesarios. Esto aconteceu alá a mediados dos anos 50, cando entraron en funcionamento en Camariñas dous muiños eléctricos: un na Rúa da Fonte, esquina Rúa Sofía Rivas, propiedade da familia Cerdeiras, dotado de dúas pedras de moer, a correspondente ao millo e á destinada ao trigo (o así denominado "olveiro"), e que durante tantos anos foi xestionado por Don Ramón Cabrejo Márquez, pai de Juan do Penedo, e outro na Rúa da Grixa, propiedade de Ruperto Mosquera. Aos anteriores debe engadirse, por aquelo da proximidade, o sito no Cruce da Molinera de Xaviña, propiedade de Don Eliseo Rey Sambade ("o Pascual"), proxenitor que foi do actual Luis do Snack, nun edificio que rexía ao mesmo tempo como muiño, tenda e taberna, na que mentres se moía o millo podíase degustar unha cunca de viño acompañada dos sabrosos chourizos afumeados na lareira do fogar. Ademáis da distinta fonte de enerxía capaz de mover as pedras, estes modernos muiños diferenciábanse dos de auga na forma de pago: as denominadas "rebolas" consistentes en percibir como contraprestación polo servizo realizado unha parte do saco de millo levado a moer, o que se verificaba utilizando como método de medida unha caixa de latón ou madeira ("ola") co millo recén moído, mentres que os muiños de auga xerenciábanse a través da institución das "maquías", partes alícuotas nas que estaba dividida a propiedade do muiño entre unhas poucas familias, ás que se sinalaban uns días determinados para ir a moer todo o seu millo, o que conlevaba problemas de reparto nas épocas de verán cando os regatos baixaban menos caudalosos e a forza motriz era menor.
Partindo de Agrelo a través dun fío hidrolóxico cada vez máis feble a ruta descende cara o seu ocaso: un muiño instalado no descampado que xace a dereita da carretera que vai dende o Outeiro cara Area da Vila, e o último do conxunto, o máis próximo á civilización e sen embargo o último en ser atopado, dada a xungla de malas herbas que o oculta ao ollo humano: o que esmorece xusto enfrente a un lavadero de Area da Vila onde dende as orixes dos tempos as mulleres de Camariñas levaron a lavar as roupas de todo un pobo nas augas claras, prístinas, que nacían curso arriba.
Vivimos tempos nos que recentemente se publicaba que o ente público Augas de Galicia, dependente da Xunta, acaba de encargar un estudio para seleccionar unha serie de muiños ao longo da Costa da Morte para ser obxecto de reconstrucción, nos que un vello muiño abandonado foi reconstruido polos propios veciños de Xaviña no lugar do Pedrouzo, ou nos que se toma en consideración a idoneidade dun posible Centro de interpretación da senda dos muiños existente no Rego de Lamastredo (Xaviña). Por todo elo, parece chegado (a pesar dos tristes días que vivimos: o presente texto acábase de redactar o aciago 12 de maio de 2010, data que haberá que recordar para o futuro) o tempo de que ao igual que outro que existe ao longo e ancho do Concello, todo este patrimonio que recolle unha etapa clave na vida do pobo de Camariñas como colectivo sexa posta en valor reconvertida nun activo do mesmo.
P.D.: camarinas.eu quere especialmente dar as gracias ao maior especialista en recursos hídricos no Concello de Camariñas, D. Manuel Antonio Soneira Tajes, responsable do Servizo Municipal de Augas, polas sabias indicacións e valiosos consellos que fixeron posible a presente reportaxe.
Comentarios
Deberiamos Xuntarnos todos e recuperar esa ruta dos muiños que e tan importante.
Un Saudo.
Menos mal que aljen mira polo noso pasado, e non como outros que como os cabalos e as vestas solo miran pa diante.
De nuevo quiero felicitar a Camarinas.eu por la calidad y el buen hacer de sus artículos.
El como esas gentes trabajaban, sin medios, es una labor encomiable que no debemos dejar en el olvido.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.