- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Reportaxes de Camarinas Reportaxes de Camarinas
- Created: 02 Outubro 2007 02 Outubro 2007
Unha mañá na Escola Taller de Camariñas
Con alumnas tan guapas esta escuela taller seguro que será un exito
Este luns 1 de Outubro de 2007 comenzaba unha nova edición da Escola Obradoiro de Camariñas "Aldea Madeira". A primeira fase do obradoiro de emprego desarrollarase nas aulas do Centro Municipal de Iniciativas Empresariais "Ramón Noguera Oreiro" (C.I.E.) sita na rúa Río do Prado e a segunda fase terá lugar nesa paraxe idílica que é o Complexo Turístico "Aldea Madeira" situada en Brañas Verdes. A financiación realizase integramente pola Consellería de traballo da Xunta de Galicia, nembargantes a xestión integral de todo o proxecto farase dende o Concello de Camariñas.
Unha mañá na Escola Taller de Camariñas

Con alumnas tan guapas esta escuela taller seguro que será un exito
Este luns 1 de Outubro de 2007
comenzaba unha nova edición da Escola Obradoiro de Camariñas "Aldea
Madeira". A primeira fase do obradoiro de emprego desarrollarase nas
aulas do Centro Municipal de Iniciativas Empresariais "Ramón Noguera
Oreiro" (C.I.E.) sita na rúa Río do Prado e a segunda fase terá lugar
nesa paraxe idílica que é o Complexo Turístico "Aldea Madeira" situada
en Brañas Verdes. A financiación realizase integramente pola
Consellería de traballo da Xunta de Galicia, nembargantes a xestión
integral de todo o proxecto farase dende o Concello de Camariñas.
Hai xa moitos anos que tivo lugar no noso Concello de Camariñas a
primeira escola taller. Entón desarrollouse na nova Praza do Mercado,
despois as súas clases desenrroláronse na actual Casa de Pedra para
posteriormente acabar radicando no actual Centro de Iniciativas
Empresariais o cal está pegado ao Centro de Saúde (Clínica). Moitas
foron as persoas que poideron acceder a unha formación humana e
profesional nos máis variados eidos profesionais: Acuicultura,
carpintería, albañilería, xardiñería e, este ano hostelería. Moitos son
os soños que o noso querido obradoiro de emprego fixo que se cumpliran
e moitos máis sen dúbida cumplirán os xóvenes camariñáns que este luns
comezaban esta nova Escola Taller.
Camarinas.eu non podía deixar pasar a ocasión de toma-lo pulso á nova edición do obradoiro de emprego que comezaba esta semana. Por iso, na mañá do Martes dous de Outubro un dos nosos redactores acercouse ao C.I.E. co fin de coñecer a situación, as impresións, as ilusións destes novos xovenes que esperanzados comezan unha nova etapa na súa a vida: a de formarse para poder labrarse un bo futuro profesional. Perdido polos pasillos do centro, o reporteiro ao final acabou encontrando nunha das aulas as posiblemente catro xóvenes máis fermosas de todo este obradoiro e alí botou a súa ancla informativa para poder coñecer as súas impresións.
Estas son as preguntas que lles realizamos:
- Idade
- Procedencia
- ¿Por qué estás na Escola Obradoiro?
- ¿Cres que terás futuro en Camariñas co que estás a estudar aquí?
- ¿Qué tal os compañeiros?
- ¿Qué che pareceron os profesores?

Vanessa
- 20 anos
- Camariñas
- Para quitar o graduado escolar e para aprender un oficio que creo que ten futuro e tamén para facer cousas novas e, como non, pasalo ben.
- Eso espero, aínda que en Camariñas non haxa moito traballo.
- De momento bastante ben porque xa coñecía á maioría deles.
- Criminal! moi simpáticos. Colaboran moito connosco e esforzanse ao máximo por nos.

Pili
- 19 anos
- Camariñas
- Porque na casa non se fai nada e hai que prepararse para o día de mañá.
- Sí, porque espero que me collan para o Complexo Turístico "Aldea Madeira" que é un proxecto ilusionante e con moito futuro.
- Son algo tímidos e teñen moita vergonza, non coma min (risas)
- Ben, moi ben. Son moi agradables e saben conectar connosco e nos con eles. Lévome ben con todos pero especialmente ben co profesor de Cociña.

Tania
- 19 anos
- Carantoña (Vimianzo)
- Para sacar o graduado que aínda non teño e para facer este traballo que sempre me encantou.
- Se consigo acabar o curso conéxit (que espero que si) tentarei facerme cun traballo dentro deste sector profesional. E se é en Camariñas, ¿que máis podo pedir?
- Ben, non os coñezo moito pero a primeira impresión foi moi agradable.
- Moi ben, especialmente con Bernardino.

Paula
- 20 anos
- Santa Mariña (Camariñas)
- Estou aquí porque me parece moi interesante e divertido este oficio de cociñeira.
- Sí, creo que sí porque esta é unha zona con un increible potencial turístico aínda sen explotar no que creo que me podo abrir camiño como cociñeira.
- Ben ben! Moi agradables todos.
- Moi ben, eles fan un traballo moi difícil: que venzamos a timidez dos primeiros días. Son moi abertos e comprensivos.
Dende camarinas.eu só queda desexar sorte a todo-los integrantes da nova escola taller, e en canto a nosas catro alumnas predilectas tede en conta que dende esta redacción seguiremos paso a paso, punto por punto, a traxectoria estudiantil e académica que agora comenzades. Non vaia a ser que vos despistedes. Camarinas.eu, como uns auténticos pais adoptivos será implacable con vós.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.